25.1.18

Os mil e un nome de bechos

"Así como a lingua galega ofrece máis de 100 termos para denominar os diferentes tipos de choiva, o léxico tamén aporta infindas ideas para denominar á fauna e á flora.  Unha rápida busca no dicionario da Real Academia Galega abre ante nós un grande abano de nomes, case sempre creados grazas a séculos de sabedoría popular.
Son de sobra coñecidas as diferenzas á hora de denominar algunhas especies de peixe dependendo do lugar da costa galega onde se capture. É, por exemplo, o caso da xarda, tamén coñecida como cabala, correolo, escombro, rincha, rinchón ou verdel. Non en tanto, nestas liñas ímonos centrar nas especies de insectos e outros animais de pequeno tamaño.
Unha das especies máis ricas en canto a definicións é o vagalume (Lampyris noctiluca). Máis dunha decena de sinónimos: bicho do lume, cociñeiro, coco de luz, lucecú, meiga, vella, vella do caldo, vella dos valados, vella facendo as papas, vella facendo o caldo, vella sen dentes, velliña da cea, verme canteiro, verme carpinteiro, verme da luz ou verme de luz". 
 Artigo sacado de Galiciencia 

Ningún comentario:

Publicar un comentario