15.10.14

Programa de radio "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio no curso 2014-15

Máis de 100 alumnos da nosa escola  participaron hoxe no programa "Dalle a Lingua" de Onda Cero Radio,  patrocinado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

 A estructura do programa  comezou  cos xogos de sortes que son aquelas letras con rima que se utilizan para escoller nos xogos dos rapaces,  e rematous con frases da campaña de oralidade do curso anterior (13-14).  E no medio deles foron tamén os seguintes temas:
- Árbores do parque de  Campolongo
- Herbas aromáticas e mediciñais
- Aves galegas en perigo de extinción
- Receitas con froitos ou produtos  da horta galega

As emisións de radio que grabamos hoxe serán  emitidas do 20 ao 31 deste mes de outubro (de luns a venres) en ONDA CERO radio. 
Frecuencia: 103.6 FM   

Ás  11:55 h   da mañá.

Clica na imaxe para ver as fotos.

NOTA. Unha vez emitidos os programas mandarán a ligazón dos audios para poder escoitalos en calquera momento.

Ver e escoitar "Dalle a Lingua" Curso 2013-14


Ningún comentario:

Publicar un comentario