30.9.13

Xodo Edilim sobre a Vendima



Despois de facer este pequeno xogo edilim sobre a vendima, feito por Magdalena (mestra no cole no curso pasado), podes aumentar a túa sabiduría con estas palabras máis específicas que usan os nosos labregos cando están a traballar con este froito que ben se dá nas nosas terras:
ARRENDAR: dar a segunda cava ás viñas. ATESTAR: tornar a encher as cubas cando merman pola fermentación. AVINZA: pago en especies: igoala. BAGO, BAGULLO: grau, uva solta; ácio de moi poucas uvas. BALDÓN: tapón da parte de arriba das pipas. BIMA: segunda cava, dise tamén "arrenda" ou "renda". BIMAR: o mesmo que "arrendar". CANTEIRO: bancada de pedras ou troncos onde se poñen as pipas pra que non apousen no chan: "combo". CANTÓN: canto, lugar isolado. CARREIRAL: carreiro ou paso entre as vides. CASCALLO: terra abondosa en pedra miúda; "coiñal". DECRUAR: cavar a terra por primeira vez despois do inverno, para lle tirar a dureza. EITE!: velaí! Aí está! ENTENA: panal, favo. FELTRO: tea basta, sen tramar; por extensión, "bota de feltro". GALLEIRO: culeiro, cesto para levar as uvas. INXIRO: enxerto. PURRELA: viño misturado con auga ou de pouca forza. RENDA: segunda cava: "bima". SUCA: suco, rego que fai o arado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario