Un círculo con tres liñas no seu interior, unha na parte superior e dúas na inferior en forma de pegada de ave, que tivo a súa etapa máis representativa na década dos 60 coa cultura e movemento hippie. Foi creado en 1958 polo deseñador británico Gerald Holtom para a campaña de desarmamento
" British Campaign for Nuclear Disarmament", aínda que despois o seu significado estenderíase ao sentido máis xeral de "paz" co que se interpreta hoxe en día. Holtom baseouse nas letras (Nuclear Disarmament) segundo o abecedario semáforo onde N representaríase con ambos brazos cara abaixo (un ao carón doutro ) e o D cun brazo vertical cara arriba e outro vertical cara abaixo. Tempo despois Gerald Holtom admitiu que se inspirou na pintura de Goya "3 de Maio en Madrid" onde un campesiño está a piques de ser fusilado, el arrepentiuse da connotación negativa do símbolo e quixo que se investise, é dicir que apuntase cara arriba, pero o seu desexo foi ignorado. Ver máis símbolos
Son de sobra coñecidas as diferenzas á hora de denominar algunhas especies de peixe dependendo do lugar da costa galega onde se capture. É, por exemplo, o caso da xarda, tamén coñecida como cabala, correolo, escombro, rincha, rinchón ou verdel. Non en tanto, nestas liñas ímonos centrar nas especies de insectos e outros animais de pequeno tamaño.
Unha das especies máis ricas en canto a definicións é o vagalume (Lampyris noctiluca). Máis dunha decena de sinónimos: bicho do lume, cociñeiro, coco de luz, lucecú, meiga, vella, vella do caldo, vella dos valados, vella facendo as papas, vella facendo o caldo, vella sen dentes, velliña da cea, verme canteiro, verme carpinteiro, verme da luz ou verme de luz".
Billie King, foi unhas das grandes xogadoras do tenis.
Unha das súas mellores vitorias foi cando gañou a Bobby Riggs, campión masculino número 1 do mundo nos anos 1941, 1946 e 1947, quen a retou para demostrar “a superioridade do home sobre a muller”.
"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor". María Victoria Moreno