18.11.17

Viaxes pola Ciencia - Ciencia en Galego - VIII Día da Ciencia (4 novenbro)

A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible ,  IGACIENCIA traducíuno en -Viaxes pola Ciencia-  na que nos convida a participar:

-Celebrando a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de C. Darwin que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución xeolóxica.

-Celebrando as Viaxes de Domingo Fontán para elaborar con métodos modernos, matemáticos e exactos o primeiro mapa actual de Galicia. É un dos referentes dos científicos galegos, e coa súa Carta Xeométrica coida e mima co seu saber a nosa terra como poucos. 
-Realizando actividades de Ciencia no Camiño de Santiago, unha viaxe sostible onde as haxa.
-Actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX... Saídas ao campo. Que tal un debuxo xigante, como os de Nazca, dun labirinto galego de Mogor, ou un misterioso triskel nas leiras de millo ou prados, de apariencia extraterrestre?
-Proxectando o Ano Internacional a outras ciencias: en Xeografía os mapas- que nunca poden faltar nas viaxes-, en matemáticas as proxeccións, en Tecnoloxía GPS e App inventor... Queremos facer convosco unha base de datos latitude/lonxitude dos lugares da nosa cultura, románico, igrexas, fervenzas, vexetación e flora, da fauna e pesca que coñezades.E non só iso senón as festas, música, todo aquilo que queirades xeoreferenciar na vosa zona: o voso queixo ou o voso pan...

Recursos para traballar -    VIII Día da Ciencia   -  Relacionado: En vídeos Baltasar Merino

Artigos relacionados: As causas das cousas,  Curiosidades e actividades, Xogamos con Darwin,    Selección de actividades (algunhas para primaria) .  Todo isto e máis Etiqueta  "Día da Ciencia" deste blogue.

Actividades de Normalización Lingüística nos Centros de Ensino ofertadas polo Concello

 Ver Actividades

Ver tamén Planificación dos Obradoiros

Videoclip MBCP - Contra a Violencia de Xénero

As causas das cousas

Saber significa coñecer as causas das cousas e o método máis seguro de coñecemento é o científico porque permite a comprobación dos resultados. En Galicia houbo homes de ciencia que, ademais, estiveron moi comprometidos co desenvolvemento do país. Entre eles destacan Domingo Fontán, que fixo o primeiro mapa científico de Galicia para mellorar as comunicacións terrestres, e Cruz Gallástegui, que creou unha variedade nova de millo híbrido para mellorar o rendemento das colleitas. Tamén houbo científicos que miraron máis ás estrelas que ao chan: é o caso do astrónomo Ramón María Aller, que descubriu varias parellas de estrelas dobres.  Ver vídeo.

Curiosidades e actividades


Ver Unidade Didáctica (ESO e Bacharelato)


 Información sacada da Unidade Didáctica Barrie

17.11.17

O Día da Ciencia na Galiza na Fundación Barrié

A Real Academia Galega de Ciencias celebra desde 2008 o Día da Ciencia en Galicia, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade en xeral e entre a comunidade educativa en particular.

O Día da Ciencia en Galicia celébrase o 8 de outubro, data que conmemora o nacemento do Padre Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia no seu primeiro momento.

Os científicos homenaxeados ata o momento son Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallastegui Unamuno, Ramón
Mª  Aller Ulloa, Antonio Casares Rodríguez, Fray Jerónimo Benito Feijoo Montenegro, Luis Iglesias Iglesias, Ignacio Ribas e Ángeles Alvariño González.

A Fundación Barrié colabora neste importante proxecto coa elaboración e difusión de materiais didácticos sobre a vida e a obra dos homenaxeados.

Este ano o homenaxeado é Baltasar Merino.

Baltasar Merino Román foi un xesuíta e botánico do século XIX
que realizou unha das obras sobre flora galega pioneiras. O seu traballo de recolección abrangue moitos concellos de Galicia e quedou reflictido nas súas publicacións. Ademais, isto foi compaxinado co seu labor docente no Colexio da Guarda onde impartiu clases de Física e Química, Historia Natural ou Agricultura durante varias décadas.

Cartas ó Apalpador

Todas as cartas que recibamos do 1 de outubro até o 31 de decembro entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2017. Só tendes que enviar a vosa carta ao enderezo de abaixo.

Valoraremos as máis creativas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.

Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos aproximados. O premio está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, equipos deportivos, familias, ou mesmo unha panda de colegas.

Participarán todas as cartas que estean no noso poder o 31 de decembro, tanto para as que cheguen por correo como as escritas na web. O resultado coñecerase a través deste sitio web: www.apalpador.com antes da volta das vacacións de Nadal aos colexios. Ollo, non mandedes cartas ao apartado dos outros anos!

Escribe a túa carta!

O Apalpador
Antonio Santiago (Nito) n.º 1 – 3.º C
15002 A Coruña

Ciencia en Galego - Charles Darwin

Ver todas en PDF

A Electricidade - Curiosidades


Sendeiro do Gafos


5.11.17

Xogos do Magosto 2017


 O venres 10 de novembro, se o tempo axuda, celebraremos o Magosto. Aqui temos o plano cos xogos previstos para facer.  Cada titor acompaña ó seu grupo cando se producen os cambios de estación.

1A - Comeza en Chapas  , 1ºB - Paracaídas
1ºC -  Os tres pés ,  2ºA - Muíño, 2ºB- Petanca, 2ºC - Pano ......
..........
Na segunda imaxe temos os xogos cos monitores (alumnado de sexto). En cada estación haberá seis monitores e todos teñen que practicar a lingua galega no seu xogo.

Ver fotos