A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible , IGACIENCIA traducíuno en -Viaxes pola Ciencia- na que nos convida a participar:
-Celebrando a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de C. Darwin que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución xeolóxica.
-Celebrando as Viaxes de Domingo Fontán para elaborar con métodos modernos, matemáticos e exactos o primeiro mapa actual de Galicia. É un dos referentes dos científicos galegos, e coa súa Carta Xeométrica coida e mima co seu saber a nosa terra como poucos.
-Realizando actividades de Ciencia no Camiño de Santiago, unha viaxe sostible onde as haxa.
-Actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX... Saídas ao campo. Que tal un debuxo xigante, como os de Nazca, dun labirinto galego de Mogor, ou un misterioso triskel nas leiras de millo ou prados, de apariencia extraterrestre?
-Proxectando o Ano Internacional a outras ciencias: en Xeografía os mapas- que nunca poden faltar nas viaxes-, en matemáticas as proxeccións, en Tecnoloxía GPS e App inventor... Queremos facer convosco unha base de datos latitude/lonxitude dos lugares da nosa cultura, románico, igrexas, fervenzas, vexetación e flora, da fauna e pesca que coñezades.E non só iso senón as festas, música, todo aquilo que queirades xeoreferenciar na vosa zona: o voso queixo ou o voso pan...
Recursos para traballar - VIII Día da Ciencia - Relacionado: En vídeos Baltasar Merino
Artigos relacionados: As causas das cousas, Curiosidades e actividades, Xogamos con Darwin, Selección de actividades (algunhas para primaria) . Todo isto e máis Etiqueta "Día da Ciencia" deste blogue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario