17.12.14

Armillaria mellea


Estes días estamos a ter unha invasión deste cogomelos. A foto está sacada en Campolongo, Pontevedra, detrás da igrexa. O toco é dun salgueiro chorón.
Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.

Curiosidades: Algunhas das  especies de armillaria (fungos do mel)  son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.

Inglés: Honey coloured agaric. Fran: Armillaire coulert de miet,
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi


14.12.14

Libros para agasallar neste Nadal

Libros recomendados dende algúns dos equipos de Dinamización e Normalización Lingüística Galegos para agasallar neste Nadal .  Clica na imaxe para velos.

Ver os de infantil

Ver os Secundaria

7.12.14

Arrolo de Domaio

Descuberto en Cerdedo un novo cogomelo `Ramaria Cercedensis`

O experto pontevedrés  en micoloxía,  Jaime Blanco Dios,  anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo. 
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur).  O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"

O futuro do galego fuxe, RAG


Ollos de Aula - nº 18 - Decembro

Entre outras pequenas e importantes novas  atoparás:
O primeiro ano de escola 
- A educación da masculinidade no século XXI
- Palabras do Ensino: RRI (Regulamento de Réxime Interno
- Punto GAL na rede
- Reconmedacións de viaxes e lecturas

Números anteriores na páxina da CGEDNL

Números anteriores na Etiqueta "Ollos de Aula" deste blogue

4.12.14

O bilingüísmo e o Alzeimer

Investigadores da Universidade de Gante (Bélxica) observaron que as persoas con alzheimer que son bilingües adoitan desenvolver os primeiros síntomas da enfermidade entre catro e cinco anos máis tarde que quen só falan unha lingua.

No estudo incluíron a un total de 134 pacientes dos que case a metade, 65, eran bilingües. Neste grupo de pacientes os primeiros síntomas de demencia debutaron aos 76,1 anos mentres que a idade media do diagnóstico foi aos 77,3 anos, fronte aos 71,5 e 72,5 anos de media respectivamente en quen só falaban un idioma.

As análises controlaron outros factores que podían influír no resultado como a educación, a profesión e o status socioeconómico, pero en realidade ningún tivo un efecto sobre a idade de inicio dos síntomas.

Estes achados confirman investigacións previas que suxiren que o bilingüismo pode retardar o envellecemento cognitivo e contribuír á reserva cognitiva.

Segundo recoñecen os investigadores, parece que o control constante que require dominar dous idiomas é como un adestramento para o cerebro, que desafía ás células da materia gris e protéxeas da súa dexeneración.

Nova sacada do blog  EDNL Divina Pastora de Ourense

28.11.14

Premio Nacional de radio 2014 para "Ponte nas ondas"


Campolongo en Ponte Nas Ondas 2013 (O Maio)
Campolongo en Ponte Nas Ondas 2014 (O Carro)

Campaña da CGEDNL "Presume de Galego"

Existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30. De feito, case ningún chegamos aos 18! Se entras aquí  (imaxe) podes comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben! Porque a nós tamén nos gusta mimar o noso ego, presumir do ben que falamos, da fonética marabillosa que nos sae da gorxa! Por iso, queremos compartir a nosa fala. De aquí e de acolá. Desde Ortegal ao Miño, desde Fisterra ata os Ancares, desde A Coruña a Vigo... Falamos de calquera tema en menos dun minuto e ti podes escoitarnos e/ou xuntar a túa voz coa nosa!  Como participar?

27.11.14

O virus lingüístico en Campolongo


A actividade Lingua Forza 3 (para 5º e 6º no noso centro) consistiu nunha divertida xincana lingüística integrada por xogos que combinaron habilidades físicas, lingüísticas e mentais arredor do léxico do deporte e do patrimonio inmaterial galego oral, da man de Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural.
 As actividades  que se fixeron  foron os seguintes:
1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física.

2. Feirón con tres probas rotatorias:
• Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral.
• Proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física.
• Proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas: habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.

Aínda que o alumnado superou as tres probas que se fixeron, as  conclusiósn das tres "Doutoras" foi que todo o colexio está contaxiado do virus lingüístico pero que aínda se teñen os medios suficientes e aínda estamos a tempo para combatelo con forza, só é necesario cambiar de rexistro idiomático cando fora preciso, practicándoo todos os días e non deixando morrer a nosa lingua.

Ver máis fotos        Ler máis
  

Audios dos programas de "Dalle a lingua" durante o curso 2014-15

Xa temos a ligazón para escoitar os programas de radio que se grabaron en outubro de "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio.  
Pódese descargar o audio se un quixer
Clica na imaxe para escoitalos

Artigo relacionado (coas fotos)

24.11.14

San Martiño

A celebración é o 11 de novembro.

Unha das historias de San Martiño é a seguinte:

"San Martín de Tours naceu en en Hungría no ano 316 aínda que toda a súa educación recibiuna en Pavia (Italia).
Desde moi novo sentiuse atraído cara ao tema relixioso, pero aos 15 anos viuse  obrigado a entrar no exército, servindo a cabalo na garda imperial romana. É neste período cando xorde unha das historias máis belas e máis coñecidas do noso San Martiño. Un día de inverno moi frío, a tropa romana entrou na cidade francesa de Amiens. Alí, Martín atopa a un pobre espido que lle implora caridade, e non tendo moedas para darlle, Martín sacou a espada, cortou a capa que levaba polo medio e deulle a metade a aquel pobre home. Foi obxecto de burlas por parte dos seus compañeiros, pero a acción caritativa foi docemente recompensada, xa que a tradición conta que aquel mesmo día pola noite, viu en soños a Xesucristo que lle dicía: " Martín, hoxe cubríchesme co teu manto”

Parece que en agradecimento, existe o chamado " Veraniño de San Martiño", que permite capear os rigores do inverno por uns días.

A festividad de S.Martin, o 11 de novembro,  é celebrada en infinidade de pobos e cidades de Europa

Para moitos  este día marca o inicio do inverno, comeza a matanza do porco para poder abastecerse del todo o inverno, gardándose hoxe en día en grandes conxeladores, antes en artesas con sal.