21.9.13

O Galego vende

O Galego vende.


O profesor Pena asegura que os anunciantes galegos que renuncian ao emprego de símbolos da cultura do país perden a excelente oportunidade de reivindicar os trazos de autenticidade e de diferenciación dos seus produtos a través dunha serie de valores engadidos que representan todos os símbolos da idiosincrasia galega”.

Tanto é así que, entre os consumidores galegos, a galeguización das mensaxes comerciais facilita a identificación co produto ao suscitar a complicidade necesaria para crear un vencello emocional.

 O exemplo máis coñecido e paradigmático deste tipo de discurso publicitario foi a campaña do grupo GADISA ‘Vivamos como galegos’ que conseguiu “o sentimento de identificación tan necesario para garantir o éxito de calquera mensaxe comercial, especialmente cando o mercado de consumo tende á uniformación que promove a globalización”, subliña Pena.

  Pola contra, a rebaixa do uso do galego como canle de comunicación publicitaria por parte da administración autonómica, sinala o docente no seu traballo, “representa unha desvalorización da cultura galega na medida que o máximo órgano de representación popular e institucional lle resta importancia e prestixio ao símbolo que lle dá máis sentido ao discurso galeguista”.

 A maiores, segundo Pena, cómpre salientar o peso do discurso bilingüe da Xunta de Galicia “que está a afectar e condicionar a propia estratexia comercial de moitos anunciantes, que compasan a política bilingüe do goberno galego, amosando así un menor compromiso co uso do idioma propio do país”.

Gústame o Galego na USC


A campaña "Gustame o Galego" chega a USC (Universidade de Santiago de Compostela)


Abaixo unha imaxe con máis lemas da campaña


27.8.13

Fotos e traballos comentados do XXVI Congreso Estatal da Rede PEA en Alcoy e Orihuela














Se entras no albúm picasa poderás ver unha selección de fotos comentadas do XXVI Congreso Estatal das Escolas Asociadas Unesco.

Ver todas as  fotos.  Ver fotos de Francesca Manonelles

Ver traballo de Campolongo Irene Sendler

 Ver traballo da Auga e dos Lavadoiros dentro de Patrimonio Rural.

Escoitar os poemas de Yogote que se recitaron na Casa-museo do poeta Miguel Hernández en Orihuela.

Artigos relacionados:

Figuras controvertidas nos tempos que corren.

Costumes da Idade Media.

Irene Sendler - Un anxo no inferno nazi.


As Escolas Asociadas da UNESCO da Galiza traballamos conxuntamente para o XXVI Congreso Estatal da Rede PEA, xunto con outros, o tema de Irene Sendler, dentro do Holocauto Nazi. Estamos pendentes de colocar a presentación, de momento só poñemos o traballo aportado polo CEIP Campolongo feito por Iago B. H.(6ºA)

Máis traballos presentados no congreso:

Auga e Lavadoiros dentro do Patrimonio Rural

Auga e Lavadoiros dentro do Patrimonio Rural



Traballo presentado conxuntamente por tres centros das Escolas Asociadas Unesco de Pontevedra: CEIP Isidora Riestra (Poio), IES Pazo da Mercé (As Neves) e o CEIP Campolongo (Pontevedra). A temática centrábase arredor da auga e dos lavadoiros O noso centro aportou a Fraseoloxía dentro desta temática.

 Ver outros traballos aportados polo noso centro  no congreso:

  60 Aniversario da Rede PEA con Poemas do Mundo (Yogote)

Manual de Ramsard

2013 Ano Internacional da Auga

O libro das máquinas

Irene Sendler

Mural da Camelia

Mural Morteiro

Mural Enredos

Mural Teatro

Mural da Quinua

Mural da Radio









Evento do Yogote en Orihuela - 2013

O acto principal do Yogote no XXVI Encontro Estatal das Escolas Asociadas da UNESCO (xullo 2013) foi na Casa do Poeta Miguel Hernández en Orihuela (Alicante). Como representación Galega para celebrar o 60 Aniversario das Escolas Asociadas foron tres exalumnas do CEIP Campolongo, María, Amalia e Lucía F. D. Os poemas que recitaron acompañados do Yogote foron: un inventado polo mestre Antonio F. M. (Nito) neste curso pasado para celebrar o "2013 Ano Internacional da Auga", dentro do apartado de Sostenibilidade ,  logo o de "Cantarola Nosa"  ou tamén chamado "Amiguiños todos" de Neiras Vilas, dentro de Cultura de Paz, homenaxeando o 51 aniversario de "Memorias dun Neno Labrego", e para rematar o poema de "Galicia", de Manuel María, dentro do apartado de Patrimonio.

21.6.13

Premio Leixaprén 2012-13






















O 21 de xuño, inicio do verán e remate do curso 2012-13, tivemos o honor de facer a entrega do Premio Leixaprén que outorga  a  CGEDNL. Este ano o galardón concedeuse no ámbito deportivo e o gañador foi o triatleta Javier Gómez Noya.   Despois de ler unha pequena presentación do premio, recolleron  o agasallo o seu adestrador asturiano Omar González e   e a representante da Federación Galega de Triatlon, Alba Cuba.

O  galano concedido foi un cadro alegórico donado polo  artista galego "Alvaro Negro"   (ver páxina web)
Nós na escola, aproveitamos o día tamén para entregar outros premios de ámbito deportivo e facer uns xogos, un deles,  " O xogo da Carrasquiña" , fíxémolo despois do acto , en honor a Javier Gómez Noya.  "Ver o xogo  ". (Este que aquí vedes foi gravado no Magosto). Rematouse esta pequena homenaxe  pedíndolle ó seu adestrador e a representante da Federación, que todos os nen@s de Campolongo esperamos unha visita deste campión galego cando teña un mellor calendario que faga posible unha escapada ó noso centro. Agora mesmo atópase en Manzaneda, preparándose na montaña para a próxima proba internacional que será en Austria.

Artigo relacionado:  O CEIP Campolongo entregará o Premio Leixaprén...

19.6.13

Eurodeputados instan a aprender a lingua minoritaria desde idade temperá

A Comisión de Cultura do Parlamento Europeo aprobou por unanimidade un informe para instar aos Gobernos a que protexan as linguas en risco de desaparición e promovan a súa aprendizaxe na escola desde a idade máis temperá. O informe recolle de modo explícito a importancia de que os idiomas minoritarios se ensinen na etapa preescolar. O acordo por unanimidade incluíu varias emendas de compromiso, unha delas a de instar aos Estados membros a que establezan políticas lingüísticas que permitan aos nenos aprender a lingua en perigo como lingua materna desde a máis temperá idade.

Ver nova na prensa

14.6.13

Presentación do Trotacontos "Cunha man chea de auga ..."


Trotacontos de Infantil, feito por varias escolas de Pontevedra: CEIP Campolongo, CEIP Campañó, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Santo André de Xeve,  EEI Verducido e EEI Fina Casalderrei.

Ver o trotacontos de Primaria"O sunami que estragou a cidade das figuras xeométricas"

  Artigo relacionado

Presentación do Trotacontos "O sunami que estragou o país das figuras xeométricas"


Trotacontos de 1º Ciclo de Primaria , feito polas escolas de Pontevedra: CEIP Campolongo, CEIP Campañó, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Santo André de Xeve, CEIP de Marcón e EEI Verducido.

Ver  o outro trotacontos, o de infantil,  "Cunha man chea de auga"

  Artigo relacionado

9.6.13

O Premio Leixaprén para Gómez Noya, será entregado no CEIP Campolongo este venres 21 de xuño



O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, centrouse na súa edición de 2013 no ámbito deportivo, que constitúe unha das manifestacións sociais máis recoñecidas e influíntes hoxe en día na conformación de modelos de comportamento social, nomeadamente entre a mocidade.

O triatleta Javier Gómez Noya ( gañador desta edición),  de enorme prestixio mundial e un dos maiores referentes do deporte galego na actualidade, resultou ser o deportista máis votado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián que fai da lingua galega.

O ciclista Gustavo César Veloso, a adestradora Pilar Neira Martínez e a futbolista  Verónica Boquete completaron o elenco de candidaturas propostas polo comité de selección do Premio Leixaprén

O Premio Leixaprén,  da CGEDNL,  será entregado no CEIP Campolongo o día 21 deste mes, xuño, ás 12:00 h, despois de xogar e correr na Festa de Fin de Curso.

7.6.13

Xogando coa Camelia



Clica na imaxe e aprende xogando con este edilim feito na nosa escola,  curiosidades da Camelia. Se tes  algún traballo feito da camelia igual o atopas no xogo.
Este , xunto con outros, podes atopalo  neste blogue na categoría ou coa etiqueta "Xogos LIM" ou na páxina web da escola, na Categoría ESCOLA UNESCO  ou algún deles na Categoría Xogos,  Educación Física.

3.6.13

Ecolingüísmo - Teresa Moure


Neste artigo a autora fálanos de cómo naceu a ecolingüística, reflexionando sobre ideas como que ninguén protexe o que non coñece ou a conexión das linguas co seu contorno; explícanos a diferenza entre ecolingüismo e ambientalismo, en que debería consistir o activismo lingüístico e, por último, insiste na idea de que o futuro das cosmovisións que hai detrás de cada lingua -patrimonios culturais e intelectuais da humanidade-, pasa por ter unha actitude responsable que precisamente trate de evitar a perda de linguas no mundo.

Artigo da CGEDNL da revista para Pais/Nais "A letra Miúda"


Máis artigos.