Amosando publicacións coa etiqueta Porto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Porto. Amosar todas as publicacións

10.5.14

Danzas Porto 2014

As dúas danzas que fixemos na xornada de convivencia coa escola Nosa Senhora de Lourdes en Porto, Portugal. A Danza da Moto e o Xogo da  Carrasquiña.

9.5.14

Saída a Porto 2014


Clica na imaxe para ver as fotos.

Este venres, 9 de outubro, os de 4ºD fixemos unha saída a Porto (Portugal). Este ano como actividade principal foi a visita á Casa da Música de Porto. Un dos edificios máis bonitos desta preciosa cidade, comparable museo Guggenheim de Bilbao . Un dos mellores edificios durante varias décadas como o de  mellor acústica. Un luxo para todos os amantes da música. 
Xunto con esta actividade fixemos na escola Nosa Senhora de Lourdes, unhas danzas, a da Moto,  e a Carrasquiña, con unha "turma" da escola. Xogamos con eles á  mata e algúns fixron un pequeno circuíto de baloncesto. Outros xogaron a fútbol nos tempos de lecer que houbo despois do "almorzo portugués" (hora do xantar galego. Para rematar tocamos a canción do "Carro" de Fuxan os Ventos e logo merendamos nun parque dunha estacíon de servicio en Barcelos.
En resumo, unha experiencia diferente e enriquecedora que nunca esqueceremos.

Ver as danzas
Ver canción do Carro de Fuxan os Ventos