Nosa señora da Guía
ai! da guía de mariñeros (Bis 1 e 2)
guía da miña cuadrilla (Bis)
toda de mozos solteiros (bis)
Ai lalelo, ailalo
Si vas a Carril
ao mesmo chegar
verás Cortegada
deitada no mar (bis)
ollando por ela
van os mariñeiros (bis)
nos botes de vela.
Teño un amor mariñeiro
ai! bonito como unha rosa (bis 1 e 2)
teño medo que mo quite (bis)
algunha nena envidiosa (bis)
Ai lalelo, ailalo
Retrouso
En Carril casou meu pai
ai! en Carril quero casar; (bis 1 e 2)
Moito me gustan as mozas (bis)
que son da beira do mar. (bis)
Ai lalelo, ailalo
Retrouso
Ningún comentario:
Publicar un comentario