15.12.18

"NEGRO CARAVEL" | SABELA | Finalista en Operación Triunfo 2018

a
Así che falei un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de paixón,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traicións.

“Quixente tanto, meniña
tívenche tan grande amor,
que para mín eras lúa,
branca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón”

Despois que si me dixeches,
en proba de teu amor,
décheme un caraveliño
que gardei no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais ó pasar polo río,
¡o caravel afondou!…

“Quixente tanto, meniña
tívenche tan grande amor,
que para mín eras lúa,
branca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón”.

(Tan bo camiño ti leves

Ningún comentario:

Publicar un comentario