10.11.18

O magosto

O magosto é unha festa de orixe pagán, que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social. É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó so, deus fecundador da terra.
Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual, que reforza os vencellos comunitarios fo mundo rural galego; ten carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas. 
Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde, nas terras de Ourense pasou a celebrarse o 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.

O magosto, hoxe en día, faise na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facerse no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal. Nas aldeas prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente. Despois de cantar, comézase a face-los preparativos. Iníciase a andaina camiño do monte, atopándose outras familias ou amigos, búscase o lugar apropiado (escampado, encrucillado, longa laxa de pedra), todos cantando e Facendo Leiras. Búscase frouma, palla e tamén acios de amorodos que estean a madurar.
Acéndese o lume. Pícanse as castañas para que non rebenten. Espérase a que desapareza o lume e fiquen as brasas para esparexe-las castañas, e despois hai que controla-lo seu punto.
Xunto coa festa do Maio e outras celebracións na actualidade forman parte en moitos centros do currículum escolar, que se xunta coas Cantigas e os Xogos Populares

Ningún comentario:

Publicar un comentario