Estes tres días, luns, martes e mércores (28, 29 e 30 de abril) estaremos polas tarde traballando para facer o Maio.
De entrada o horario será das 17:00 ás 20:00 h. Aquel que poida vir a algunha hora que o faga, pois o traballo entre todos lévase mellor.
As calas, rosas, camelias, e margaridas brancas é mellor traelas o día 30
O máis importante é seguir traendo fiúncho e pampullos (margaridas amarelas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario