Recordades o Premio Leixapren ? Pois si, foi o premio que a CGEDNL lle deu a Javir Gómez Noya, campión do mundo 2013 de Triatlón.
O día da entrega do premio, en xuño deste ano 2013, non poido acercarse ó noso centro para recollelo, delegando a recollida do mesmo no seu adestrador Omar González e a representante da Federación Galega de Triatlon, Alba Cuba, pero quedáramos un pouco en broma, que a poder ser, nos tería que visitar algún día, a pesar do seu axetreado calendario deportivo. E dito e feito! Un día destos teremos esa sorpresa. Un dos nosos campións galegos faranos unha visita para animarnos a practicar deporte, e como non, a poder ser o que el practica, o Triatlón, que é unha das especialidades máis completas que existen no deporte actual.
Como dirían algúns dos nosos paisanos:
Un grolo polo noso campión!!!
Como dirían algúns dos nosos paisanos:
Un grolo polo noso campión!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario