Hoxe celebramos a Festa das Letras Galegas. Homenaxeamos a Roberto Vidal Bolaño, por ser o día propio del, e a Rosalía de Castro, polo 150º aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" , un libro cunha forza simbólica estraordinaria. Ningunha data máis axeitada para enaltecer e difundir este poemario, e lembrar a publicación da obra coa que se encetou o prestixio contemporáneo das Letras Galegas (ver guión) .
Despois, de ler algúns poemas de Rosalía ("Adios ríos, adios fontes", Castellanos de Castilla, e Cantan os galos pra o día... ) e outros acompañados da linguaxe de signos internacional "Yogote", e de que os compañeiros de 6º nos cantaran unhas bonitas pezas (Ao son do ar e Rianxeira), rematamos coa pequena danza "O Xogo da Carrasquiña".

Cantarola Nosa, tamén con "Yogote".
Ningún comentario:
Publicar un comentario