18.4.13

Galicia/Galiza xuntas dende o 2003




Tanto Galicia como Galiza son válidas na Normativa Galega. Esta última foi incluída, por estar documentada en moitos textos da idade media e por ser recuperada nos nosos tempos, na chamada "Normativa da concordia" do 2003.

Podemos dicir que "preferentemente" a oficial é "Galicia" pero que para  outras moitas cousas, pódese dicir "Galiza",  tal e como lle chaman os portugueses ó noso "país", e recordamos que para moitos "o Portugués é fillo do Galego". Curiosamente, existe un pobo chamado Galiza preto do Algarve (Portugal), outro "Galizas" a altura de Porto.

Ver na páxina 41 das Normas Ortagróficas na nosa páxina web da escola

Ningún comentario:

Publicar un comentario