Corpuspín |
From Ourizo Cacho |
Hoxe visitounos no colexio un ourizo cacho, tamén coñecido por ourizo cacheiro ou porco espiño. Os rapaces chamábanlle "Espinete". Nós ímolle chamar Corpuspín, que tamén é un dos nomes polos que é coñecido nalgunhas zonas.
Todos o querían como mascota . Pasou por varias clases e o pobre non daba feito. Vimos como nun momento de descanso; tomaba un pouco de leite con pan, foise afacendo ó agarimo dos rapaces despois dunha longa tensión ó querer collelo todos.
Nas ligazóns de abaixo podes ver máis fotos que se fixeron nalgunhas clases. Recordamos que estes animais están protexidos, pois son mois bos para o campo por ser insectívoros. Dende aquí, os que temos xa algúns anos, recordamos que antes metíanse incluso nos fallados das casas ou nas bodegas, onde se gardaban as patacas ou algún gran das colleitas, pois deste xeito os ratos caian presos polas zoupas dos ourizo cachos. Ver máis fotos. Ver un ourizo bebé. Ver máis en Ríos Galegos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario