5.5.20

"Autorretrato como pintor" Van Gogh - Juán A. M. (4ºC)

"AUTORRETRATO COMO PINTOR.  É un cadro  que pintei en 1888 en París . Preséntome neste autorretrato como pintor aguantando unha paleta e pinceis detrás do meu atril. Mostrei que era un artista moderno por utilizar un estilo de pintura novo, con brillo e case con cores sen mesturar. A miña paleta contén os pares de cor complementarios verde/vermello, amarelo/morado  e laranxa/azul, que son precisamente os que usei  para esta pintura. Autorretrato como pintor foi o meu último  traballo que fixen en París." Van Gogh  . Elexín este cadro porque é o meu pintor favorito. Juán A. M. - 4ºC.  Ver máis Cadros Vivos

"O cuarto que escoita" - Magritte Inés F. P. (6ºC)

"Este pintor naceu na pequena cidade belga de Lessines e estudou na Academia de Bellas Artes de Bruselas.  O surrealismo de Magritte pretende facer pensar, que o espectador al ver os cuadros se faga preguntas.  Os cuadros de Magritte teñen títulos moi curiosos. Este podería haberse titulado A mazá xigante ou Mazá en casa de muñecas. Pero con este título a intriga e maior e sentimos máis ganas de saber que quiso decir."  Inés F. P.   Ver máis Cadros Vivos

4.5.20

"Autorretrato bostezando" Joseph Ducreux . Pablo C. C. (6ºB)

"Ola! Eu son Joseph Ducreux e estades vendo o meu "Autorretrato bostezando". Para os que non me coñecedes nacín no ano 1735 en Nancy (Francia) e son retratista da aristocracia austríacapersonalidades da revolución francesa, entre elas Maria Antonieta e Robespierre. Vedes que estoy bostezando porque quero expresar a incomodidade e o aburrimento da aristocracia a que retrato." Pablo C. C. (6ºB)

“Retrato de Tommaso di Folco portinari” de Hans Memling - Antón V. M. (6ºB)

(pendente texto) Ver máis Cadros Vivos

3.5.20

"Marilyn Monroe" - Andy Warhol - Mar G. F. (6ºC)

"Neste cadro aparece Marilyn Monroe. Foi pintado por Andy Warhol no ano 1962. Contén 50 imaxes da actriz todas baseadas nunha fotografía publicitaria da película “Niagara”. Os 25 cadros da esquerda do díptico son de cores vivos e brilantes e os 25 da dereita son de con branco e negro. A relación entre o lado dereito e o esquerdo evoca á relación entre a vida da celebridade e a morte. Pertenze a un movemento artístico chamado Pop Arte. A peza agora pertence ao Tate." Mar G. F.  (6ºC)  - Ver máis Cadros Vivos

"Autorretrato" Salvador Dalí - J. Manuel S.D. (4ºC)

"Ola! Eu son Salvador Dalí. Nacín o 11 de maio do ano 1.904. Fun pintor, escultor, gravador, escenógrafo e escritor español do século XX. Son considerado un dos máximos representes do surrealismo. Son moi excéntrico e, en toda a miña vida pintei aproximadamente 1500 cadros. Os máis importantes son, entre outros: “A persistencia da memoria”, “ Os elefantes” e “ A tentación de San Antonio”.  J. Manuel S.D.  (4ºC)

2.5.20

Cadros Vivos e Coplas de Maio 2020

Vídeo feito no confinamento que estamos a ter durante este  curso 2019-20 (dende mediados de marzo até ....) por culpa do coranivirus Covid-19. Non  se poido celebrar a Festa do Maio 2020 e por iso fíxemos  unha celebración  virtual mesturando Coplas de Maio  co traballo de Cadros Vivos que se programou dende a E. Física  coa temática da  Expresión Corporal. Este vídeo aínda está por rematar porque nin o  confinamento nin os traballos remataron. Aquí vai un adianto para que soe a música neste mes dos Maios.

"Autorretrato" F. Kalho - Gael G. Q. (3ºC)


"Autorretrato" V. V, Gogh - Diego S.S. 4º-A


"Autorretrato" - V. Van Gogh - Yago L.D. (3ºA)


Rúa Benito Corbal - Sofía A. B. - 3ºA


"Os emigrantes" L. Seoane - Breixo S. A. (4ºA)


"O fillo do Home" - R. Magritte - Nacho P. M-A (4ºB)

"Ola, son o pintor surrealista belga René Magritte e este cadro é un autorretrato. Titúlase O Fillo do Home e é unha pintura de 1964. A pintura compóñese dun home con abrigo, corbata vermella e bombín de pé diante dun muro.  Mais alá vese a mar e un ceo anubrado."  Nacho P. M-A 

30.4.20

"O berro" - Edvard Munch - Martín R. V. - (4ºA)

"O berro" é unha serie de catro pinturas do noruegués Edvard Munch, a máis célebre das cales data de 1893. A obra representa unha figura andróxina nun momento de profunda angustia e desespero existencial. O plano de fondo é o peirao da ría de Oslo  ao solpor. O berro é considerado como unha das obras máis importantes do movemento expresionista e adquiriu un statutus de icona cultural, a par da Mona Lisa de Leonardo da Vinci. Como dato podemos engadir que foi roubado nos anos 1994 e 2004. Actualmente atópase no Museo Nacional de Oslo.

"Primeiros pasos" - Van Gogh - Carlos e Oriana (6ºC)

"-Estamos a representar a obra ‘Primeiros pasos’. -Esta obra foi pintada por Van Gogh no ano 1980. -É uha obra de estilo impresionista. -Está exposta no Museo Metropolitano de arte en Nova York. -Nesta pintura podemos ver unha nena á que os seus pais axudan a dar os primeiros pasos. -Esta bonita pintura é unha homenaxe á súa cuñada que espera un fillo." Oriana V. F. e Carlos M. M.  (6ºC)  - Ver máis Cadros Vivos

29.4.20

"Autorretrato de camuflaxe" - Andy Warhol - Pablo C. L (4ºB)

 "Ola!.  Son Andy Warhol, nacin o 6 de agosto de mil novecentos  vinte oito en Pittsburg. Son un artista plástico cineasta e desempeñei un papel crucial no desenvolvemento de pop-art. A miña fama e grazas as miñas  relacions con diversos artistas de certa fama como aristócratas, homosexuais e drogadictos.  Este autorretrato chamado “AUTORRETRATO DE CAMUFLAXE” fixeno en 1986, uns cantos meses antes da miña morte. Utilizei a miña fotografia feita cunha câmara Polaroid con pinturas acrílicas e serigrafia para producir unha camuflaxe sobre o rostro rodeado por negro. O meu cadro pode interpretarse como que aparezo cunha mascara sen corpo. "  Pablo C. L (4ºB)

"A Gioconda" L. da Vinci - Sofía L.I. (6ºA)

(pendente texto)

Ver máis Cadros Vivos

28.4.20

"Muller con parasol" - C. Monet - Magali R. S. 2ºC

"Muller con parasol"
 Cadro do pintor  Claude  Monet quen realizou o retrato da súa dona Camille e do seu fillo Jean en  Argenteuil. A pose de ambos é tan natural que case parece unha instantánea. Na obra apréciase a figura feminina principal cun neno ao seu lado desde unha perspectiva moi baixa. Para poder pintar o cadro, suponse  Monet debeu colocar un  cabalete nunha depresión do terreo, xa que que a herba que vemos en primeiro termo parece estar un pouco en costa.  Ver máis Cadros Vivos