Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Documentais
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Río Ghafos
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vocabularios
Vídeos
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
10.12.17
100 palabras para designar a palabra chuva
Un estudo de Santiago sinalou máis de 100 vocábulos para denominar a chuvia
7.12.17
Palabra galega do ano 2017- Concurso na web e versión escolar
Ver dicionario da RAG - Ver palabras galegas fermosas na rede
| Versión escolar |
Primeira fase na páxina web do "Portal das Palabras"
É a da recepción de propostas. Recollerán todas as que envien desde hoxe, 4 de decembro, ata o domingo 17 ás doce da noite. Pódese mandar calquera palabra, mesmo varias –non é doado decidir! –.
Segunda fase
Ábrese o luns 18 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, escollemos as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por varias das persoas que participaran. Quedamos con seis finalistas e quen así o desexe poderá votar pola súa preferida ata as 24 horas do día de Nadal.
Terceira fase
Tralo reconto das votacións, o mércores 27 de decembro daremos a coñecer a gañadora, a que conxuntamente escollemos como a Palabra de 2017.
Ver fotos
Ver fotos
6.12.17
3.12.17
Axudas para proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 29 de novembro de 2017 e remata o 15 de xaneiro de 2018.
IV Premio Literario Nortear Novos Escritores Norte de Portugal-Galicia
Unha iniciativa conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) que premia relatos curtos escritos en lingua portuguesa ou galega cunha extensión de 5.000 a 8.000 palabras. Poden participar as persoas de 16 a 36 anos, nacidas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. O prazo para presentar as obras finaliza o 30 de abril de 2018.
A convocatoria está dispoñible na seguinte ligazón: https://www.cultura.gal/premio/38397
2.12.17
Trompada e "Día da Discapacidade" no 2017 - Galicia pola Diversidade
Xa temos algunhas das fotos da Trompada e do "Día da Discapacidade" xunto co alumnado do Juán XXIII .
Ler o Manifesto do Peón
Ler o Manifesto do Peón
Concurso de Mascota para Xadrez - 2017
Os primeiros debuxos presentados por Paula A. T. e Aldara O. P. de 5ºB para o Concurso de Mascota de Xadrez. O de Paula xa ten nome: Axedrulo.
O prazo para presentar traballos segue aberto ata o 15 de decembro.
Ver outras mascotas
30.11.17
29.11.17
28.11.17
27.11.17
26.11.17
Exposición "Semana da Ciencia"
Ver traballo de Baltasar Merino e Domingo Fontán - Ver traballos para Dálle á Língua (audios)
Ver os traballos en PDF
23.11.17
22.11.17
RUBICUNDO Teatro dos Ghazafelhos
Unha das obras de teatro que vimos este ano foi Rubicundo. Deixamos aquí un pequeno resumo: Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pechada. Semella que ninguén repara neste personaxe, enfundado nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, disposta a chegar ata o final daquel misterio… pois así é esta rapaza, curiosa e soñadora. Ver fotos deste saída
18.11.17
A moura do río Gafos
Sacada da páxina de Galicia Encantada
"O pego do río dos Gafos coñecido por poza da Moura, ao pé das Brañas de Salcedo, onda o Mar da Presa, encalco do muíño de Cabanas, está vencellado á lenda dunha moura, encanto de loiros cabelos, xenuíno ser mítico do patrimonio inmaterial da galeguidade:
Contan os nosos maiores que hai moito, moito tempo, un labrego da contorna, alindaba o seu gando nas Brañas, á beira do río dos Gafos. Coma ensoñación, do goio xurdiu unha fermosa muller en cuxos cabelos aniñaba o refolguexo do sol. A engaioladora dama adiantoulle que unha das súas vacas ficara preñada había pouco e que ía parir dúas fermosas crías, un xato e mais unha xovenca. En troco polo bo agoiro, a moura pedíulle ao gandeiro que lle chimpase a becerra na poza cando a vaca librase.
Pasaron os meses, pariu con ben o animal e, consonte o vaticinado pola xacia, trouxo unha repoluda parella de vitelos. Lembrou, daquela, o noso home, o trabuco avindo. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor a becerra, polo que no canto de botar na poza a femia, botou o macho. Nun pestanexo, as augas calmas argallaron un remuíño e do ollo da ola aboiou unha grade de pau. Sentada nunha pena do río, fíxose visíbel a moura, recriminoulle ao labrego o seu aquel migalleiro e, antes de se sumir no piago, díxolle que de cumprir co trato, teríao agasallado cunha grade de ouro.
Bole na aldea unha outra versión, que, segundo o escoitado, é a que se lles adoita contar aos cativos:
Os vellos advirten os nenos do perigo agochado na poza da Moura, posto que, hai anos, un home que pasaba polo lugar guiando unha xugada, por causas aínda non ben esclarecidas, caeu ao río e xamais nunca se volveu saber del. Sospéitase que andaba en tratos coa moura da poza e quizais por non gardar fidelidade á palabra dada, o encanto cativou o campesiño, a parella e mais o carro, ad vitam aeternam, na insondábel fondura."
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











