17.11.17

O Día da Ciencia na Galiza na Fundación Barrié

A Real Academia Galega de Ciencias celebra desde 2008 o Día da Ciencia en Galicia, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade en xeral e entre a comunidade educativa en particular.

O Día da Ciencia en Galicia celébrase o 8 de outubro, data que conmemora o nacemento do Padre Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia no seu primeiro momento.

Os científicos homenaxeados ata o momento son Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallastegui Unamuno, Ramón
Mª  Aller Ulloa, Antonio Casares Rodríguez, Fray Jerónimo Benito Feijoo Montenegro, Luis Iglesias Iglesias, Ignacio Ribas e Ángeles Alvariño González.

A Fundación Barrié colabora neste importante proxecto coa elaboración e difusión de materiais didácticos sobre a vida e a obra dos homenaxeados.

Este ano o homenaxeado é Baltasar Merino.

Baltasar Merino Román foi un xesuíta e botánico do século XIX
que realizou unha das obras sobre flora galega pioneiras. O seu traballo de recolección abrangue moitos concellos de Galicia e quedou reflictido nas súas publicacións. Ademais, isto foi compaxinado co seu labor docente no Colexio da Guarda onde impartiu clases de Física e Química, Historia Natural ou Agricultura durante varias décadas.

Cartas ó Apalpador

Todas as cartas que recibamos do 1 de outubro até o 31 de decembro entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2017. Só tendes que enviar a vosa carta ao enderezo de abaixo.

Valoraremos as máis creativas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.

Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos aproximados. O premio está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, equipos deportivos, familias, ou mesmo unha panda de colegas.

Participarán todas as cartas que estean no noso poder o 31 de decembro, tanto para as que cheguen por correo como as escritas na web. O resultado coñecerase a través deste sitio web: www.apalpador.com antes da volta das vacacións de Nadal aos colexios. Ollo, non mandedes cartas ao apartado dos outros anos!

Escribe a túa carta!

O Apalpador
Antonio Santiago (Nito) n.º 1 – 3.º C
15002 A Coruña

Ciencia en Galego - Charles Darwin

Ver todas en PDF

A Electricidade - Curiosidades


Sendeiro do Gafos


5.11.17

Xogos do Magosto 2017


 O venres 10 de novembro, se o tempo axuda, celebraremos o Magosto. Aqui temos o plano cos xogos previstos para facer.  Cada titor acompaña ó seu grupo cando se producen os cambios de estación.

1A - Comeza en Chapas  , 1ºB - Paracaídas
1ºC -  Os tres pés ,  2ºA - Muíño, 2ºB- Petanca, 2ºC - Pano ......
..........
Na segunda imaxe temos os xogos cos monitores (alumnado de sexto). En cada estación haberá seis monitores e todos teñen que practicar a lingua galega no seu xogo.

Ver fotos

14.9.17

Rosalía, de Xohana Torres

O 12 de setembro deste ano 2017,  finou unha das grandes poetas contemporaneas, Xohana Torres Fernández.  Nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1931 e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017.

Rosalia

Ti es pra min a barquiña que lembra
toda presenza de madeiras náufragas
que vive, infinda, unha traxedia líquida
de peiraos sen panos e sen peixes.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Tí es pra min un pobo pequeniño
de vieiros sen cume, sen riadas,
mergullando no seo case morto
unha virxe canzón, inimitábele.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min unha callada piña
de moitas primadeiras agardadas
onde xogaron anxos
onde vibraron áas sen movelas
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min a historia da meniña
que iba soñando praias
hastra que deu mareia a un ben triste mañán.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min o lombo dunha sombra
onde todo resulta perguntado
i o paso das personas faise lene...
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
¡Ti és pra min a terra dunha tomba compridamente limpa de pisadas!
Xohana Torres