14.9.17

Rosalía, de Xohana Torres

O 12 de setembro deste ano 2017,  finou unha das grandes poetas contemporaneas, Xohana Torres Fernández.  Nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1931 e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017.

Rosalia

Ti es pra min a barquiña que lembra
toda presenza de madeiras náufragas
que vive, infinda, unha traxedia líquida
de peiraos sen panos e sen peixes.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Tí es pra min un pobo pequeniño
de vieiros sen cume, sen riadas,
mergullando no seo case morto
unha virxe canzón, inimitábele.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min unha callada piña
de moitas primadeiras agardadas
onde xogaron anxos
onde vibraron áas sen movelas
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min a historia da meniña
que iba soñando praias
hastra que deu mareia a un ben triste mañán.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min o lombo dunha sombra
onde todo resulta perguntado
i o paso das personas faise lene...
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
¡Ti és pra min a terra dunha tomba compridamente limpa de pisadas!
Xohana Torres

12.5.17

Petiscos de Agarimo - Conto Viaxeiro ou Trotacontos - 2017


Neste curso 2016-17 , xunto co libro , elaborouse un vídeo cos nenos e nenas que traballaron nos contos, tanto o , o de Infantil como o de Primaria. A nosa escola (CEP Campolongo), na parte de primaria aportou un desafío maniquí dos cursos 2A, 2B e 2C.  Ver Infantil e Primaria xuntos

7.5.17

"Cadros Vivos "- Traballos de Expresión Corporal sobre cadros de pintura


Os xogadores de cartas - P. Cézanne - Miguel e Nicolás (5ºA)
Catro chicas na ponte - E. Munch -  Pilar, Uxía, Nuria(s) (5ºA)
As mozas da ponte - Adrián e Sergio (5ºA)
O grito - E. Munch - Nicolás Braña (5ºA)
Dúas irmáns - Picaso - Xavier e Daniel (5ºA)
O cuarto - V. Vangogh - Gloria (5ºA)
Dona Antonia de Ipeñarrieta e Galdós e seu fillo Don Luis - Marta e Sofía (5ºA)

O grito - E. Munch - Marta Magdalena (5ºC)
O berro - E. Munch Marta L.S.  (5C)
O Grito - E. Munch - Mateo (5ºC)
Retrato de L. Auguste Cèzanne - Cezanne - Oscar (5ºC)
O cabaleiro coa man no peito - O Greco - Adrián (5ºC)
O fillo do home - René Magritte - Martín (5ºC)
O fillo do home - René Magritte - Oscar R. C. (5ºC
Mozas lendo - P. Auguste Renoir - (5ºC)
O pífano - E. Manet - Alberto M.M. (5ºC)
Bailarinas na barra (Irene e Natalia) - 5ºC
As meninas - Velázquez  (Iker)  - 5ºC
Nenos xogando ós dados - Murillo - Natalia, Pedro, Juán (5ºC)
Armonía en vermello - H. Matisse - Claudia  (5ºC)
Picariños - Castelao  - Clara P. B. e   Laura V. M (5ºC)
Os xogadores de cartas - P. Cézanne - Alberto N. L. e Rafael G. F. (5ºC)

O parasol - María e Sofía - Goya  (5ºD)
A chambra branca - L. Seoane - Adrián (5ºD)
A moza da perla - Vermeer - Violeta F.V (5ºD)
Autorretrato - Andy Warhol - Antón (5ºD)

Un cadro de Colmeiro - Sara, Elena, Carmen e Paula (6ºA)

O parasol - Rocío P. P.(6ºC)

O grito - E. Munch - Martín  (6ºD)
A noite estrelada - V. Vangogh  - Teo M.L.(6D)
Dús mulleres lendo - Picaso - Javier e David (6ºD)
Nacemento de Venus - Boticelli por Iria, Sandra, Cloe e Sabela de 6ºD
Nenos comendo uvas e melón - Murillo por Carla e María (6ºD)

5.5.17

Maio Campolongo 2017

Primeiro premio en interpretación   - Ver letra do Maio

Ver todo sobre o Maio 2017 de Campolongo (coplas, recollida e elaboración do Maio,  concursos .... )

6.4.17

Debuxo para concursar no cartel do "Xadrez na Rúa" 2017

 Debuxo feito para concursar polo cartel anunciador deste ano das Xornadas de Xadrez na Rúa.  As artistas son Carla, María e Iria (6ºD).

4.4.17

Actividades do Seminario Galán sobre Carlos Casares

 Actividades do Seminario Galán sobre Carlos Casares

Ver máis actividades

Manualidades - Facer un "Maio" en cartulina

 Descarga e imprime en cartulina fina  (ou en folio)  e logo recorta par colorear e diseñar o teu Maio. Todas as figuras están feitas a escala.
Este deseño foi feito e donado ó centro  por Moisés A. S.