9.6.13

O Premio Leixaprén para Gómez Noya, será entregado no CEIP Campolongo este venres 21 de xuño



O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, centrouse na súa edición de 2013 no ámbito deportivo, que constitúe unha das manifestacións sociais máis recoñecidas e influíntes hoxe en día na conformación de modelos de comportamento social, nomeadamente entre a mocidade.

O triatleta Javier Gómez Noya ( gañador desta edición),  de enorme prestixio mundial e un dos maiores referentes do deporte galego na actualidade, resultou ser o deportista máis votado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián que fai da lingua galega.

O ciclista Gustavo César Veloso, a adestradora Pilar Neira Martínez e a futbolista  Verónica Boquete completaron o elenco de candidaturas propostas polo comité de selección do Premio Leixaprén

O Premio Leixaprén,  da CGEDNL,  será entregado no CEIP Campolongo o día 21 deste mes, xuño, ás 12:00 h, despois de xogar e correr na Festa de Fin de Curso.

7.6.13

Xogando coa Camelia



Clica na imaxe e aprende xogando con este edilim feito na nosa escola,  curiosidades da Camelia. Se tes  algún traballo feito da camelia igual o atopas no xogo.
Este , xunto con outros, podes atopalo  neste blogue na categoría ou coa etiqueta "Xogos LIM" ou na páxina web da escola, na Categoría ESCOLA UNESCO  ou algún deles na Categoría Xogos,  Educación Física.

3.6.13

Ecolingüísmo - Teresa Moure


Neste artigo a autora fálanos de cómo naceu a ecolingüística, reflexionando sobre ideas como que ninguén protexe o que non coñece ou a conexión das linguas co seu contorno; explícanos a diferenza entre ecolingüismo e ambientalismo, en que debería consistir o activismo lingüístico e, por último, insiste na idea de que o futuro das cosmovisións que hai detrás de cada lingua -patrimonios culturais e intelectuais da humanidade-, pasa por ter unha actitude responsable que precisamente trate de evitar a perda de linguas no mundo.

Artigo da CGEDNL da revista para Pais/Nais "A letra Miúda"


Máis artigos.

30.5.13

Trotacontos 2013


Dous Trocantontos, “O sunami que arrasou o país das figuras xeométricas (1º Ciclo de Primaria)  e “Unha man chea de auga” (Infantil), feitos por  sete colexios de Pontevedra (Campañó, Lerez, Xeve, Marcón, Verducido, Fina Casalderrei e Campolongo)  andaron contados con moita maxia nas bibliotecas escolares na  man da contacontos Raquel Queizás . Tódolos rapac@s quedaron abraiados de como se movían os seus debuxos e do que lles foi acontecendo polos outros coles, xa que eles comezaron o conto  pero non sabían ía seguir nos outros centros. Esta obra de arte puidérona levar para casa  grazas a ser subvencionada pola Concellaría de Normalización Lingüística  de Pontevedra.


Páxina para a Revista "Trotacontos"

27.5.13

Eu chorar chorei o domingo á tarde


Na India cantando en galego. Parece mentira pero así é.
A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.

Un grolo por esta ONG