23.10.12

Información sobre as Pantasmas

* As pantasmas no flolclore de moitas culturas son supostos espíritos ou almas desencarnadas que se manifestan entre os vivos de forma perceptible,  por exemplo, tomando unha aparencia visible, producindo sons ou cheiros ou desprazando obxectos, principalmente en lugares que frecuentaban en vida, ou en asociación coas súas persoas próximastudos recentes indican que moitos occidentais cren nas pantasmas e na vida logo da morte.

    * A crenza nas pantasmas, testemuñada dende os primeiros textos escritos, sumerios e exipcios, atópase espallada por todo o mundo, con variantes moi diversas. Unha das teorías que intentan explicar a relixión derivaríaos da tendencia do pensamento primitivo e prelóxico a considerar que o mundo dos soños forma tamén parte do real; xa que logo, ver en soños a persoas falecidas indica que non morreron e que poden interferir na vida real. A orixe das pantasmas, pois, non sería distinto ao da relixión.

       * Nas civilizacións orientais, moita xente cre na reencarnación. Engadida a esta visión e dentro do estudo da Metafísica, as pantasmas son almas que rexeitan ser 'recicladas' dentro do ciclo do Samsara (ciclo da reencarnación), porque deixaron algunha tarefa por rematar. Os perfectos metafísicos, ou os exorcistas de diversas relixións, poden axudar á pantasma a reencarnarse ou facela esvaecerse da existencia sobre desta dimensión cuaternaria (segundo a Metafísica). Na crenza chinesa e india, ademais de reencarnar, unha pantasma pode tamén optar á inmortalidade, transformándose en semideus e poder a través da súa elevación espiritual trascender diversos planos, ademais de servir aos seres humanos, ou pode ir ao inferno e sufrir por ciclos karmáticos.

Traballo feito Luís Guillermo Bouzas Azcueta (6ºA) 

O Samaín no CEIP Campolongo

A nosa compañeira Mila, coa axuda das moi boas colaboradoras 6ºA, fixeron este bonito mural para o noso centro. Os nosos parabéns a todos eles.


Ver todo o que temos do Samaín neste blogue

O Samaín no Crespo Rivas

Na entrada do cole  da EEI Crespo Rivas temos este bonito mural anunciador da Festa do Samaín.

Ver todo o que temos do Samaín no cole.

22.10.12

Día da ciencia en galego

O día 5 de novembro de 2012 conmemórase o III Día da Ciencia en Galego. Este ano adícase á Tecnoloxía, e se vai homenaxear a Leonardo da Vinci, como científico universalmente coñecido, e a Ramón Verea, como inventor galego dunha das primeiras calculadoras. 

Para máis información, premede nestas ligazóns:

https://www.edu.xunta.es/web/node/3461
http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=cienciaengalego/2012/videoconferencias.php
http://www.cienciaengalego.org/drupal6/



20.10.12

O Outono - Cogomelos e castañas -1º Ciclo

Xogo para aprender sobre os froitos de outono, en especial os Cogomelos do Samáin e as Castañas do Magosto

-

19.10.12

Uñar o centeo

Expresión que se utiliza para saber se o gran de centeo está maduro, e deste xeito comezar a seitura ou recolleita. Cando esta semente sae moi facilmente é que xa está maduro.

Preparando o Magosto

Dentro dos persoeiros do Outono temos aquí  "Os Castañeiros", que xa están esperando as castañas para "matar a fame" e  "quentar o corpo " .

Preparando o Samaín


Estes días temos algúns amigos especiais na escola, os persoeiros do Outono,  neste caso temos a "Samaín".Preparando a  troula coas cabazas e os "Contos de medo".

Ver todo o que temos do Samáin no cole.

18.10.12

II CAMPAÑA POLA ORALIDADE

A oralidade é un dos obxectivos prioritarios a curto e longo prazo na nosa escola; tanto para o alumnado como para o profesorado, desde hai varios cursos. Entendemos polo tanto, que calquera actividade que faga un pequeno achegamento a este obxectivo é importante. A SEGUNDA CAMPAÑA POLA ORALIDADE tenta concienciar ao alumnado e profesorado sobre a necesidade e responsabilidade de falar en galego.

12.10.12

Nome dalgúns alimentos

Pódese xogar con dous xogadores. Preme na zona amarela para entrar no xogo, logo clica na pestana da pregunta e elixe a resposta. Cando rematas a primera resposta tes que volver clicar na pestana pregunta.

10.10.12

Achégase o Samaín

Na seguinte ligazón do blogue Lingualiza, podes atopar textos e imaxes relacionados con esta data de Samaín. O noso compañeiro chamóulle a estas imaxes Terror Galego 1. Nós dende aquí dámoslle a noraboa por toda información que nos achega da cultura galega do medo.

7.10.12

O Galego tamén serve para os negocios

A Xunta comeza unha nova campaña para que o comercio se anime a utilizar o galego.   O material salienta a importancia económica crecente de Brasil e Angola e apunta a vantaxe competitiva que posúen empresas galegas para se implantar nestes mercados, ademais de lembrar que o 20% das exportacións do noso país foron para países lusófonos. 
 
A presentación da campaña incide en que "o galego é un valor cultural que nos identifica como pobo, mais tamén nos conecta cunha comunidade maior de case 200 millóns de persoas que falan portugués (Brasil, Mozanbique, Portugal, Cabo Verde ...), xa que permite a intercomprensión sen necesidade de mediación". No marco da acción distribuiranse 1500 carteis e 10.000 dípticos


Ver máis na páxina oficial da Xunta.