2.8.21

Refraneiro de Agosto

A castaña quere en agosto arder e en setembro beber
A chuva no mes de agosto non é chuvia, é mel e mosto
Agosto ardenteiro, herba no palleiro
Agosto e vendima non son cada día
Agosto, frío no rostro
Agosto madura e setembro vendima as uvas
Agosto marchou, o que mallou mallou
Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con proveito e outros con dano.
Aí vén san Lorenzo co caldeiro penso
Auga de agosto, azafrán, mel e mosto
Ceba o porco  desde agosto se queres que estea gordo
Despois da Peregrina, o inverno vén enriba
En agosto da o frío no rostro
En agosto sol posto, noite connosco
En agosto viño mosto
En agosto está a auga tras do toxo
En agosto, o porco pon o entrecosto
En agosto, sol posto, noite connosco
En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
En xullo e agosto estroupelear, que é o tempo do liño mazar.
Limpa e arranxa a eira cando está agosto á beira
Ó que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña
O mes de agostiño fai o bo viño
O millo de san Bartolomeu nin é meu nin é teu
Pasados os Remedios e san Roque (16), xa non hai sesta nin merendote
Porco agostado é medio cebado
Pasados os Remedios e San Roque xa non hai sesta nin merendote
Por santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña
Por santa Mariña mata a túa galiña
Por santa Mariña sementa a nabiña.
Primeiro de agosto, primeiro de inverno
Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra.
Se chove en agosto, non gastes diñeiro en mosto
Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns.
Se queres ter bo lomo, ceba o porco desde agosto
Vale máis nubrado en agosto que sol de setembro

3.7.21

Refraneiro do mes de xullo

Un dos meses propios do verán é  xullo, que en galego tamén recibe o nome de Santiago, xa que nel se celebra a festa do Apóstolo. Tamén se coñece como o mes da sega, posto que son as datas en que se realiza este labor. Son moitos os refráns e ditos sobre o mes de xullo, relacionados co tempo, coas tarefas do campo, con festas e celebracións varias…
  • Aí vén o mes de Santiago co seu canado! .
  • As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva.
  • Cando Santiago non mexa, Santa Ana levanta a saia.
  • Chuvia de San Cristovo, co seu cobo.
  • Chuvia de Santa María, coa súa regazadiña .
  • Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel.
  • De maio a xullo as cereixas son coma puños.
  • De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado 
  • Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños.
  • Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás.
  • Día de santa Mariña, vai ve-la túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás.
  • Día de Santiago á mañá, nabiños a semear.
  • En xullo arder  e patacas coller
  • De maio a xullo as cereixas son coma puños
  • En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar
  • En xullo arder, as patacas coller
  • O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal
  • Polo Santiago comeza na viña a pintar o bago
  • Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle ver
  • Polo Santiago non hai mal cabalo
  • Polo Santiago seméntase o nabo
  • Por Santiago nin no taco nin no saco
  • Polo Santiago cegoñas e polos a xeirar polos agros
  • Pola Santa Mariña, pousa a sacha e colle o fouciño” 
  • Por Santiago  pinta o bago.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e santo André o touciño
  • Santiaguiño sempre co seu cabaciño
  • Ver máis   -  Santuario de Xullo:  - San Cristovo: día 10  -Santa Mariña : 20  - Lorenzo: 21  - Madalena: 22 - San Xoán: 24  - Santiago: día 25   - Ana: 26 - San Pedro: 29

    Letras Galegas 2022 - Florentino Delgado Gurriarán

    Florencio Delgado Gurriarán, escritor, editor literario e activista político e cultural fundamental do exilio galego en México, será a persoa homenaxeada en 2022 co Día das Letras Galegas. Decidiuno na mañá da sexta feira o Plenario da Real Academia Galega, con 14 votos a favor.

    - Ver na no Xornal   -  Ver PDF do artigo en Nós Diario  "Protagonizará o Días das Letras Galegas do ano 2022"

     

    30.6.21

    "A lingua o primeiro", dicía Otero Pedrayo na súa obra "Morte e resurreción".

    Copíado do Xornal  "Nós"


     "O título  da  coluna  desta  semana  vai entre vírgulas porque, ainda que sexa uma afirmación reiteradamente  sustida  pelos  galeguistas,  é  aqui  unha frase  de  Ramón  Otero  Pedrayo  nun  dos  seus  ensaios:  Morte  e  Resurrección (Ourense 1932); onde fala do galego como um povo em caminho desde a sua origem céltica, na que "callou o principio da nebulosa maternal de Galiza". Um caminho no qual  "a  Galiza  xoga  a  morrer  e  a  viver",  e  no que "o galeguismo quer decir a integridade do ser e da alma galega"; salientavelmente na língua galega. Galeguismo quer dizer reconhecimento dos valores galegos, reconhecimento  de  Galiza  como  povo  de  seu, com a sua identidade própria. Nesses  valores,  para  Otero  a  língua  é  o  primeiro. O seu abandono é un "estado de suicidio, de renunciamento, de parva imitanza"; mas a ele, infelizmente, "figuran aspirar moitos que se gaban de galegos e de bos galegos". Um parágrafo cara ao remate do ensaio resulta definitório da concepción galeguista nacionalista de Don Ramón (sublinhado seu): "A  língua  o  primeiro.  A  língua,  forma  psicolóxica da raza, tem de ser a primeira obligación de todos. Pois co uso e cultivo cotidián chegaráse axiña ao punto de unanimidade  mínimo  para  que  a  galeguidade  seña a fórmula completa das arelas de todos os galegos. Ao caír a língua cai tamén a vida galega...".

     Podemos asegurar ser mellor unha Galiza probe falando galego que unha Galiza rica usando outra língua... Ainda que a realidade nos enseña que para ser ricos e fortes, non hai outro camiño que o de ser cada dia máis xurdiamente galegos, dando ao concepto de galeguidade as notas da humanidade superior que lle son propias por naturaleza". E ainda engade umas palavras particularmente caras: "Para o noso galeguismo a historia é sempre vital e moza, e por selo debe rectificar o feito doroso do arredamento de Portugal. Os mellores espritos portugueses e galegos son cidadáns da integridade da Galiza... A língua debe voltar a ser a mesma para fortalecemento do seu ser trascendental... O grande optimismo da  galeguidade  abrangue  as  esencias  criadoras de Portugal" 

    21.6.21

    Galefas 2021

    6B 


    6A

    Algúns dos máis pequenos do centro entran con forza no grupo Galefas.  Outros deixan o noso centro para continuar, no instituto ...  esta xeira paradoxal que vive a nosa lingua: O galego semella unha lingua estranxeira na nosa terra.  Recordamos en honor a eles o poema "Sementeira" de Florentino Cuevillas:  «Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega, seguide sempre con fe, e si se vos ocorre pensar acaso que sementades ou se solo esparexedes, desbotade ise pensamento e tede por certo que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira»

    14.6.21

    Certame "O Voso Día Das Letras"

     O noso centro presentóuse  ó Certame "O voso Día das Letras" que organiza a RAG no seu blog "Primavera das Letras".   Por orde de chegada  no listado de coles estamos no nº  51.  Axilizamos dende aquí o que puxeron de texto do noso centro: 
    "Na ampla peneira de recursos que podemos atopar na páxina especial da aula virtual do centro sobre Xela Arias, hai catro apartados de colleita propia que destacan para nós: o díptico, a biografía, un brincaletras e un conxunto de actividades interactivas."

    1.6.21

    Refraneiro do mes de xuño

    -A auga en San Juan tolle o viño e non dá pan 
    -Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá.
    -A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan´
    -A reixa de san Xuan, moitos o saben e poucos o dan 
    -A sardiña en San Xoán xa molla o pan.
    - As trampas de san Xoán, por onde veñen, van.
    -Até o corenta de maio, non quites o saio.
    - Até o san Xoán, toda a herba é pan.
    -Ata san Xoán non te quíte-lo gabán.
    - Cabalo alazán non o teñas contigo en san Xoán.
    -Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño.
    -Como sempre, detrás de maio vén san Xoán.
    -De San Xoan a San Pedro, cinco días van no medio
    -Día de san Paio, a cegoña nos prados.
    -De San Xoán prás Navidás, os días van pra atrás.
    -En san Xoán, as nove con día dan
    -En san Xoán, nin a mexeira dun can.
    -En san Xoán, a fouce na man.
    - En san Xoán a sardiña molla o pan.
    - En san Xoán, nin a mexeira dun can.
    -En san Xoán, pés na cama, pé no chan.
    - Entre san Xoán e san Pedro cinco días van no medio.
    -Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
    - Lampreas en san Xoán, para o can.
    -Maio longo, san Xoán redondo.
    - No dia de san Xoán baila o sol pola mañán.
    -No mes de san Xoán secan as fontes e arden os montes.
    - No mes de san Xoán pican as pulgas o rabo do can.
    O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá trae peixe, o panadeiro trae pan e as trasnadas San Xoán.
    - O peixeiro trae o peixe, o padeiro trae o pan e as trasnadas, san Xoán.
    -Polo san Xoán rapa o carneiro a la.
    -Polo san Xoán baila o sol no chan.
    - Tantos días de auga en nadal como de auga en san Xoán.
    -Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.