8.4.13

A introdución das camelias en Pontevedra

Nun principio creuse que as primeiras camelias en chegar a Europa entraron por Portugal a mediados do século XVI e traídas por antepasados do conde de Campobello. Con todo hoxe está aceptado que as primeiras importacións de camelias chegaron a Portugal sobre 1808 - 1810 desde un viveiro londinense, MILE END e importadas por un tal Vanzeller. 
D.José Marques Loureiro gran horticultor, de orixe humilde, naceu no ano 1830, en Besteiros, distrito de Vizeu e se foise a Porto aos 15 anos para traballar nun pequeno viveiro propiedade de Pedro Marques Ribeiro, a QUINTA DÁS VIRTUDES. No ano 1849-50 pasa ás súas mans chegando a ter en 1972 máis de 750 variedades das cales máis de 150 eran de creación portuguesa e desde alí veñen a Pontevedra, Vigo e a todo o Sur de Galicia, para seguir estendéndose polo Norte de España e ao resto da Península. No seu catálogo nº 1 editado en 1865 figuran 169 variedades portuguesas. O noso investigador Odriozola afirma que as primeiras camelias de Pontevedra e Vigo proveñen efectivamente do establecemento de Marques Loureiro e baséase nunha factura fechada o 28 de Xaneiro de 1876 pasada á Escola de Agricultura de Pontevedra (1873 a 1886) e que hoxe está na Biblioteca do Museo de Pontevedra e na que figuran entre outras "trepadeiras, arbustos de follaxe permanente e de folla caduca" e 25 variedades de camelias cos seus nomes respectivos, 17 portuguesas e 8 estranxeiras de prezo entre 400 e 700 reais, carísimas, con Alba Plena, Peonía rubra e Coletti Beira, entre outras.  Despois a propia Escola publicou un Catálogo de plantas, arbustos, etc. en 1882 con 130 variedades 60  portuguesas e 50 estranxeiras. Tamén existe a constancia de que foi o  Marques Loureiro ao que chaman enxeñeiro paisaxista o que estableceu no ano 1860 os xardíns do Pazo do Marqués Valladares hoxe o núcleo do Parque Quiñones de León- Vigo. Posteriormente en 1890 o viveiro portugués pasou a denominarse COMPANHIA HORTICOLA AGRICOLA DE PORTO xunto con Geronimo dá Costa.

Máis en Camelias.Net.


No hay comentarios:

Publicar un comentario