21.2.13

Día Mundial da Lingua Materna


O Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro), instituído pola Unesco no ano 1999, convídanos a contemplar a diversidade lingüística humana coma unha vantaxe que contribúe tanto á riqueza cultural coma ao desenvolvemento dos pobos.

Esta visión tan axeitada e actual contrasta coa tradicional desconfianza que, dende os tempos bíblicos e o mito de Babel, presenta os idiomas como impedimentos para o entendemento entre persoas e comunidades. Mais, paradoxalmente, as linguas non só son os instrumentos de comunicación humana por excelencia, senón tamén os alicerces sobre os que construímos as nosas identidades, tanto individuais coma colectivas.

O lema elixido este ano pola UNESCO para a conmemoración do 21 de febreiro foi “O libro, eixe da educación en lingua materna”. Deste xeito, quérese chamar a atención sobre a importancia do material escrito e lembrar que o apoio ás linguas maternas consiste tamén en promover a produción de libros –incluídos os materiais escolares e as publicacións en formato dixital- nos idiomas locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario