REFRÁNS
SOBRE ALGÚNS DOS NOSOS PEIXES
|
|
Quen vai á barbada, nas
penas esbarra.
|
|
Cando o trigo vai louro o muxe vale
ouro.
|
Cando o trigo vai louro, o peixe
blanco val ouro.
|
A langosta e o cazón,
en maio están en sazón
|
Ó escacho, polo
abril, non hai máis que lle pedir
|
En xaneiro a faneca sabe
a carneiro
|
|
Non é boa solla a
que o pan non molla.
|
Cando a figueira ten folla, ten
boa comida a solla
|
Pescador que non se molla non
comerá moita solla
|
Golfíns que moito
saltan, vento traen e calma espantan
|
Lampreas en san Xoán,
pra o can
|
Do mar o "mero" (cherna)e
da terra o becerro
|
Ollomol de xaneiro
vale un carneiro
|
Mentras canta o cuco, non comas raia nin polvo
|
En abril, o salmón para
min, no maio para o criado, e no san Xoán para o can.
|
A muller e a sardiña,
canto máis pequena máis fina.
|
Arroace na ría,
moita sardiña
|
Quen queira mal a unha veciña,
déalle en abril sardiña
|
Por San Xoán a sardiña pinga
ó pan
|
A sardiña e o
porco se voaran máis se estimaban
|
Cada sardiña ten
a súa espiña
|
O pancho, tan largo
como ancho.
|
A raia e a
perdís, coa man no narís.
|
|
De san Miguel a Santos, nubes de tranchos
|
Ao róbalo, quem o
quiser há-de escamá-lo.
|
A troita, para que
guste, ha de tres sete efes: fresca, fría, fiada, frangosa, fea e femia
|
Muller costureira e home troiteiro,
nin boa meda nin bo palleiro
|
Lacón con grelos,/ repolo de
Betanzos/ e mais xurelos.
|
A carne, carne cría, ... E
o peixe mantente en forma todo o día
|
Peixe a remollo non o collo
|
Quen quiser pescar há-de se
mollar
|
Chuva de morriña, nin peixe nin fariña
|
O peixe grande come o pequeno
|
O hóspede e o peixe ós tres días aborrecen
|
Os nabos e os peixes no tempo da xiada crecen
|
Carne de ontem, peixe de hoje, vinho do outro verão fazem o homem são. (Chaves)
|
En marzo veñen os peixes no regazo
|
Moito peixe rompe a rede
|
Peixe algareado, cambio de tempo
|
Peixe en xaneiro vale carneiro
|
Peixe pesca peixe
|
Pola boca morre o peixe //
|
Saia peixe, saia ran, ó cesto van
|
Todo o que cae na rede non é peixe
|
Uns tenden as redes outros collen os peixes
|
Vale máis o mollo que o peixe
|
|
Páxinas de interés
▼
Páginas
▼
Ningún comentario:
Publicar un comentario