Páxinas de interés

Páginas

29.10.20

Cantos que contan "Mundo Louco" canción do disco "Lingua Guapa"


Vou cambiar o mundo





Unha das canciónsFina Casalderrey e Néstor Blanco  deléitannos con  “Lingua guapa e cos  "Cantos que contan…“, un libro disco de poemas que deu a luz este ano, recén saído do forno. Colobara no disco o "Coro Luís García Limeses"  que dirixe a profesora do noso  cole "Reyes Carballo".   Ver na páxina de Fina Casalderrey  Nas imaxes vemos a portada do disco e dúas das cancións do disco e  unha delas a estamos a cantar estos días no centro . O disco xa está a venda.  - Artigo relacionado "24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares"

24.10.20

200 cantigas galegas

200 letras de cantigas galegas con ligazóns para poder escoitalas recollidas por Anxo González Guerra e Victoria Ogando Valcarcel na páxina "O galego. eu"

Outra páxina web para poder escoitalas Música.com
 

7.10.20

Pintar ten premio - Concurso Olla a Palabra do día!!

 (Clica en PINTAR PALABRAS TEN PREMIO) .Ver resumo coas palabras seleccionadas.

      A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan,O Concurso Olla a Palabra do Día! está dirixido ao alumnado de .... , primaria ...

      Establécense as seguintes categorías: ... Primaria 1. Alumnado de 1º, 2º e 3 de primaria. Primaria 2. Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria ...

      Cada traballo presentado ao concurso levará á linguaxe visual as palabras do día do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal) dunha das semanas comprendidas entre o 5 de outubro e o 1 de novembro de 2020 (de luns a domingo), que xirarán arredor dos seguintes temas: o Día da Nena, a vida e a obra do Protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero, o Samaín e a educación ambiental. Todas as palabras estarán dispoñibles, a medida que se publiquen, na ligazón https://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/.

      Os traballos deberán incluír por escrito as 7 palabras da semana en que se inspiran e funcionar como mapas conceptuais ou apuntamentos visuais que sinteticen en imaxes a temática abordada, e que poidan dialogar con outros conceptos relacionados. As imaxes deberán referirse de forma clara cando menos a 5 das 7 palabras do día da semana elixida cando se concorra nas categorías Primaria 2 . Nas categorías de Primaria 1, a participación realizarase por aulas. 

      Cada aula poderá concursar cun mural colectivo ou ben cun mínimo de 7 ilustracións realizadas cando menos por outros 7 estudantes (ou toda a aula de seren menos). ...

       Poderán empregarse todo tipo de técnicas propias da ilustración non dixital (lapis de cores, rotuladores, tinta, acuarela...). O prazo para a presentación de ilustracións abrirase o día 1 de novembro de 2020 e pecharase o 1 de decembro.

Neste  blog do EDNL do CEP Campolongo, na columna da esquerda (versión web da páxina) estará  o logo permanentemente para entrar no Portal das palabras. Por defecto os blogs nos teléfonos móviles só mostran a columna central, nun ordenador de mesa vese o diseño completo.

VER A NOVA NO PORTAL DAS PALABRAS - VER AS PALABRAS TRABALLADAS

Ver as Bases do Concurso



2.10.20

Madalena Gamalho - Todo o mundo é teu | #MusicandoCarvalhoCalero

Unha antiga compañeira (mestra) do cole (CEP Campolongo)  deleitanos cunha das súas cancións no concurso "Musicando a Carvalho Calero". Máis sobre Carvalho Calero

1.10.20

Refraneiro do mes de outubro

Primeiro vótalle unha ollada a estas datas, e logo le os refrans específicos do mes de outubro,  porque tamén hai moitos sobre o outono.  Ver o santoral completo anual


San Francisco, 4 de outubro.  

Os Remedios, o segundo domingo de outubro;

O Pilar, 12 de outubro.

San Lucas, 18 de outubro

San Xudas e San Simón, 28 de outubro.

San Quintín, 31 de outubro.



- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
- Por san Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
 -  En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
- Outono, outonán, mes das San Lucas e maís san Froilán.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendotes.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
- Na semana de san Lucas, suca, boi, suca.

- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son
- Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Polo san Simón, camiñar si, navegar non.
- Por san Simón a xeira do cogordón.
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- A verdura de San Simón dá pró  amo e mais pró  ladrón.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- De setembro a San Simón, non comas o mexillón.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- Outubro viñateiro, pai do bo xaneiro.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- Por san Quintín castañas ó rolín.
- A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
- A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En outubro, non molesta o lume.
- Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro.

Nota:

 - Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
-  "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.

Neste mes entrarían tamén moitos dos refráns que hai sobre o outono, que tanto pode ser chamado estación ou mes  do ano.

Ver tamén curiosidades de outubroVer Santoral de todo ano.

Concurso "As imaxes do patrimonio"

Prazo de participación prorrogado até o 31 de outubro

Durante este ano 2020, e no marco da celebración do 25 aniversario, Ponte...nas ondas! amplía o prazo de participación no 3º Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos e ás famílias.

Unha actividade que pode axudar a conectar ao alumnado co patrimonio fotográfico da súa família e que se pode realizar como unha actividade individual a través de Internet. Unha actividade que motiva ao xoves a investigar no ámbito máis próximo e na súa propia realidade.

AS IMAXES DO PATRIMONIO

Un Certame para realizar coa familia e na que a xente nova pode coñecer moitos aspectos do patrimonio cultural que se encontran documentados nas fotografías familiares. Con estas imaxes podemos ter acceso a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas polas novas xeracións.

O patrimonio inmaterial é constituído principalmente por coñecementos, técnicas, formas de organización ou de expresión colectiva xunto coas manifestacións festivas e familiares. Está localizado nas prácticas da vida cotiá que son realizadas polo membros da sociedade e que teñen nas famílias os núcleos básicos.A cultura inmaterial é aquela que é vivenciada polas persoas portadoras e como tal está documentada desde os inicios da fotografía.

As imaxes dos álbuns familiares conteñen moitas destas manifestacións e vivencias que poden ser descoñecidas polo alumnado dos centros educativos. Precísase que a xente máis nova coñeza o seu pasado recente e que sexa quen de interpretalo. Neste labor de transmisión e vivencia das imaxes é necesaria a implicación da família para axudar a comprender os contextos onde se produciron as expresións culturais documentadas.


O CERTAME

Pódese participar on line enviando as imaxes co texto ao portal Web www.escolasnasondas.com

http://escolasnasondas.com/iii-edicion-do-certame-de-recolla-das-imaxes-do-patrimonio-cultural-inmaterial-galego-portugues/

Establécense dúas categorías e os seguintes premios:

1ª Categoría ( alumnado de E.Infantil e E.Primaria ):

• 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora

• 2º premio: unha tablet de 10”

3º premio: unha cámara dixital compacta

2ª Categoría ( alumnado ESO, Bacharelato e Formación Profesional:

• 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora

• 2º premio: unha tablet de 10”

3º premio: unha cámara dixital compacta