Adios ríos, adios fontes, adiós regatos pequenos, adiós vista dos meus ollos non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra, terra onde me eu criei, tamén onde a ti chegou, esta mal que fai morrer.
Este mal que non fai ruído, este mal que non se ve, este mal que non ten cheiro, canto mal está a facer!»
Nin disparos, nin ballestas, non hai bombas nin canóns, só un virus con corona, fai estragos en todos nós
E nós que creiamos ser, os reises do universo, e ante un virus tan pequeno cambiamos pronto de verso
Pero dentro desta guerra, temos soldados de ben, son médicos e enfermeiras que nos coidan por doquier
Cansos de tanto traballo, estes bos profesionais, olvidanse deles mesmos para coidar os demais |
A maior parte das veces, en moi malas condicións, arriscándose a contaxiarse seguen velando por nós seguen velando por noooossssss ...
Mil grazas dou a quen cura a quen nos dá unha palabra de cariño e de tenrura mil grazas vos dou, mil grazas
Grazas tamén a quen limpa grazas tamén ós que aguantan policias, dependentes, xentes que poñen a cara E por riba de todo, vida a tí che dou as grazas, leva os virus e as coronas, deixanos a terra mansa
Fai maxia non pobres homes, enseñándonos a amala que quede a terra sementada de humildade e de esperanza
Adios ríos, adios fontes adiós regatos pequenos adiós vista dos meus ollos non sei cando nos veremos. non sei cando nos veremoooooooos
|
Páxinas de interés
▼
Páginas
▼
28.6.20
Adaptación "Adiós Ríos, Adiós Fontes". Homenaxe ós traballadores da pandemia polo COVID-19 - Alessandra G. R.
Unha galega na Suíza deleitanos con esta adaptación. Haberá que emigrar para valorar o que temos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario