Adios ríos, adios fontes, adiós regatos pequenos, adiós vista dos meus ollos non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra, terra onde me eu criei, tamén onde a ti chegou, esta mal que fai morrer.
Este mal que non fai ruído, este mal que non se ve, este mal que non ten cheiro, canto mal está a facer!»
Nin disparos, nin ballestas, non hai bombas nin canóns, só un virus con corona, fai estragos en todos nós
E nós que creiamos ser, os reises do universo, e ante un virus tan pequeno cambiamos pronto de verso
Pero dentro desta guerra, temos soldados de ben, son médicos e enfermeiras que nos coidan por doquier
Cansos de tanto traballo, estes bos profesionais, olvidanse deles mesmos para coidar os demais |
A maior parte das veces, en moi malas condicións, arriscándose a contaxiarse seguen velando por nós seguen velando por noooossssss ...
Mil grazas dou a quen cura a quen nos dá unha palabra de cariño e de tenrura mil grazas vos dou, mil grazas
Grazas tamén a quen limpa grazas tamén ós que aguantan policias, dependentes, xentes que poñen a cara E por riba de todo, vida a tí che dou as grazas, leva os virus e as coronas, deixanos a terra mansa
Fai maxia non pobres homes, enseñándonos a amala que quede a terra sementada de humildade e de esperanza
Adios ríos, adios fontes adiós regatos pequenos adiós vista dos meus ollos non sei cando nos veremos. non sei cando nos veremoooooooos
|
Páxinas de interés
▼
Páginas
▼
28.6.20
Adaptación "Adiós Ríos, Adiós Fontes". Homenaxe ós traballadores da pandemia polo COVID-19 - Alessandra G. R.
Unha galega na Suíza deleitanos con esta adaptación. Haberá que emigrar para valorar o que temos?
13.6.20
Revista Escolar CEP Campolongo 2019-20
Xa temos feita a Revista Escolar 2019-20. Podedes vela dixitalmente aquí ou na páxina web do cole. Xa está dispoñíbel en papel no colexio (1 exemplar por familia). Preguntar en conserxería. Temos que pedir desculpas porque non se meteron moitos outros traballos que tamén merecían estar. As circunstancias do confinamento non propiciaron a comunicación para facer unha revista máis completa. Algúns deses traballos que non están nesta revista, xunto cos outros, si están metidos nos diferentes blogs do EDNL (Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística): Estación Vella , Ghafos, Entre Herbas do Ghafos, Efcampolongo, ... Todo o profesorado do centro espera que sexa do voso agrado. Ver fotos ou imaxes que non entraron na revista.
11.6.20
"O Papagaio" - Xuño 2020
Xuño |
Podes ollar outros números na biblioteca do centro cando volvas o cole.