
"
O berro" é unha serie de catro pinturas do noruegués
Edvard Munch, a máis célebre das cales data de 1893. A obra representa
unha figura andróxina nun momento de profunda angustia e desespero existencial. O plano de fondo é o peirao da ría de Oslo ao solpor. O berro é considerado como unha das
obras máis importantes do movemento expresionista e adquiriu un statutus de icona cultural, a par da Mona Lisa de Leonardo da Vinci. Como dato podemos engadir que foi roubado nos anos 1994 e 2004. Actualmente atópase no Museo Nacional de Oslo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario