"Ola son A MOZA DA PERLA, tamén chamada a Monalisa holandesa ou a Monalisa do norte. O meu retrato atopase no museo Mauritshuis da Haia nos Paixes Baixos. Tratase dunha obra ao óleo pintado entre 1665 e 1667 polo pintor Johannes Vermeer. Son un dos retratos máis famosos da historia da arte, pero aínda ninguén sabe quen son en realidade. Vermeer disfrazoume con estilo oriental (turbante incluído) e púxome esta famosa perla en forma de bágoa que aparece noutros dos seus cadros. O artista usa entre outras cores o azul ultramar, o pigmento máis caro que existía, aínda que sabemos que nesa época Vermeer non pasaba por unha situación económica demasiado desafogada. Pintaba unha media de só dous cadros ao ano e tiña nada menos que 11 fillos e varias traballadoras na súa casa (quizais eu fora unha delas?)" . Sofía A. B. 3ºA. Saber máis deste cadro. Ver máis Cadros Vivos
Ningún comentario:
Publicar un comentario