“A BEBEDORA DE ABSENTA” - De Pablo Ruiz Picasso (1881-1973). Técnica: Óleo sobre tea (13x54 cm) - Exposto no Museo do Hermitage, San Petersburgo. PICASSO foi pintor e escultor. Naceu en Málaga e finou en Mougins (Francia). É un referente mundial no mundo da arte e creador, xunto con Braque, do cubismo, aínda que a súa obra abrangue diferentes períodos (surrealismo,impresionismo, modernismo, etc). O artista realizóu esta obra durante a súa segunda estancia en París. Retrata aquí a unha muller soa e pensativa, disposta a beber unha copa de absenta. A temática é a SOIDADE, refrexada no semblante da muller, seria e coa mirada baixa. Picasso emprega unha grande variedade de cores, mais destaca o AZUL (na roupa, na botella, na copa…), técnica que repetiu noutras obras desta época, motivo que deu nome á famosa “Etapa Azul” de Picasso. Manuel F. L. (6ºC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario