Métese un ovo nun recipiente cheo de vinagre durante 48 horas. Isto fai que o vinagre desfaga a casca do ovo, quedando flexible. Dende unha pequena altura podemos comprobar como rebota ó deixalo caer. Dende máis altura rompe e vese perfectamente o ovo por dentro coa súa clara e a súa xema.
Páxinas de interés
▼
Páginas
▼
28.11.19
Vocán submarino
Para facer o experimento necesitamos auga, colorante, un frasco de cristal pequeno con tapadeira e un frasco de cristal grande. En primeiro lugar facemos un buraco no centro da tapadeira do frasco pequeno. Logo enchemos o frasco con auga quente e engadimos o colorante (por exemplo un pouco de tinta vermella). Por último, enchemos o frasco de cristal grande con auga fría e metemos o frasco pequeno. Nuns segundos vemos que a auga coloreada sae do frasco pequeno e sobe á superficie.Explicación
A convección é unha forma de transferencia de calor propia dos fluídos. No noso caso, a auga quente do frasco pequeno é menos densa que a auga do frasco grande que se atopa a menor temperatura. Por este motivo, a auga coloreada menos densa sobe á superficie desprazando a auga que se atopa na superficie
27.11.19
26.11.19
25.11.19
25 de novembro Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Os de 6º de agasalláronnos cunha excelente coreografía coa música "A porta violeta" de Rozalén para recordarnos que a loita contra a violencia de xénero, esta lacra que non segue invadindo no século XXI
24.11.19
Artes de Pesca

![]() |
Nasas |
![]() |
Betas |
![]() |
Volanta |

Son artes de tres panos, moi parecidas ós Miños, pero que estan realiazadas con outro tipo de material, e teñen distintas dimensións nas mallas. As principais especies que se capturan son a Robaliza, o Sargo, o Pinto, a Maragota, etc…
![]() |
Rasco |
O corricán é unha arte de pesca baseada nunha serie de anzois con cadansúa liña que se arrastran pola popa do barco mentres este vai navegando, penduradas de varas colocadas a babor e estribor.
![]() |
Curricán |
22.11.19
Traballos do rueiro de Pontevedra
Traballos feitos polo alumnad@ do CEP Campolongo sobre os persoeiros das rúas de Pontevedra en diferentes cursos
Ver curso 2013-14
Ver curso 2014-15
Ver o rueiro na páxina web do Concello de Pontevedra
Ver curso 2013-14
Ver curso 2014-15
Ver o rueiro na páxina web do Concello de Pontevedra
21.11.19
INFLAR UN GLOBO CON LEVADURA E AZUCRE
Para facer o experimento necesitamos un recipiente con auga quente, unha botella, un vaso, un embude, un globo, fermento prensada e azucre.
Procedemento:
1 Disolvemos un par de culleradas de fermento no medio vaso con auga quente.
2 Engadimos á mestura un par de culleradas de azucre e removemos un pouco.
3 Transferimos a mestura resultante a unha botella de cristal pequena.
4 Poñemos un globo na boca da botella.
5 Metemos a botella nun recipiente con auga quente. Nun par de minutos o globo ínflase.
Explicación
Os fermentos son microorganismos unicelulares que utilizan o azucre como alimento liberando no proceso dióxido de carbono. Co gas liberado aumenta a presión no interior da botella e o globo ínflase. Ao principio, cando o osíxeno está presente no interior da botella, os fermentos crecen por respiración consumindo osíxeno e producindo dióxido de carbono. Pero cando o osíxeno se termína os fermentos cambian a un metabolismo anaeróbico (sen osíxeno) e prodúcese a degradación do azucre mediante fermentación que produce cantidades maiores de alcol e de dióxido de carbono gaseoso.
Dieta Saudábel - O peixe no seu sazón
![]() |
Peixes na súa sazón |
Receitas |
Receitas para os nen@s |
77 peixes en galego,euskera,francés,inglés,catalán e castelán |
- Ver un ABC dos peixes (nome de peixes nun abecedario)
- Os peixes na cultura popular galega (Wikipedia)
- Receitas en portugués
Traballo voluntario : O meu peixe para unha dieta saudábel
Traballo voluntario : O meu peixe para unha dieta saudábel
Elixir
un peixe para logo facer unha
pequena ficha (PDF,
presentación, word, etc). Antes de elixir o peixe hai
que notificalo para
que non se repitan os traballos (nas láminas hai
77 peixes).
1- Nome
do peixe en
diferentes idiomas. Poñemos 1º en galego e logo podemos elixir
algún dos que nos chame atención das láminas do blog.
2- Meses
nos cales está en comida
3- Como
é:
pequeno, grande, peixe azul ou branco, ...
5- Onde
se pescan: Gran
Sol, na ría ...
6- Como
se preparan na cociña:
en filetes, en toros, enteiro, ó forno ...
NOTA: Os traballos que se entreguen antes do 6 de decembro poderán ser elixidos para o
programa de radio "Dálle
a lingua" de Onda Cero Radio.
Os
traballos pódense facer en grupo (máximo
3 por grupo)
19.11.19
Vaso que non cae pegado a un globo
PRECÍSASE: Un vaso de cristal, un recipiente con auga, unha vela e un globo.
PASOS: En primeiro lugar enchemos o globo de aire, acendemos a vela e logo colocamos o vaso boca abaixo sobre a chama da vela. Pasado un minuto apartamos o vaso da vela, dámoslle a volta e colocamos encima o globo. Apertamos lixeiramente o globo sobre o vaso e logo metemos o vaso no recipiente con auga. Ao soltar o vaso e levantar o globo vemos que o globo quedase pegado ao vaso.
EXPLICACIÓN: A chama da vela quenta o aire atrapado no interior do vaso (e o propio vaso). Ao colocar o globo sobre o vaso e empuxar lixeiramente impedimos que ao aire salga ou entre do vaso. Pero ao meter o vaso no recipiente con auga, o aire atrapado no vaso arrefríase e diminúe a presión. Para rematar, o globo métese lixeiramente no interior do vaso, empuxado pola diferenza de presión, quedando firmemente unido ao vaso.
Airbag caseiro
Para facer o experimento necesitamos unha bolsa de plástico pequena, outra bolsa máis grande con peche hermético, bicarbonato, vinagre e un martelo.
1- Enchemos a bolsa pequena con vinagre
2- Pechamos a bolsa cun nó
3-Poñemos bicarbonato na outra bolsa.
4 Metemos a bolsa pequena dentro da bolsa grande, procurando que queda rodeada de bicarbonato.
5-E por último, pechamos a bolsa grande e xa temos o noso airbag caseiro.
Se golpeamos cun martelo sobre a bolsa pequena prodúcese unha reacción química con desprendemento de gases que enche a bolsa grande.
Explicación
Ao romper a bolsa pequena entran en contacto o vinagre e o bicarbonato e prodúcese unha reacción química con desprendemento de dióxido de carbono. Dependendo da cantidade de vinagre e de bicarbonato a bolsa tardará máis ou menos en encherse.
Se se desprende moito gas a presión pode chegar a romper a bolsa.
18.11.19
Clärenore Stinnes foi a primeira persoa en planificar e dar a volta ao mundo en automóbil.
A alemá Clärenore Stinnes (1901-1990) foi a primeira persoa en planificar e dar a volta ao mundo en automóbil. En contra da opinión da súa familia adiñeirada organizou unha aventura que durou desde o 25/05/1927 ao 24/06/1929 a bordo dun coche Adler/Standard 6. "Quero ver o mundo desde o meu propio punto de vista", explicou cando comezou a viaxe. Co patrocinio da industria do automóbil do seu país, que xa a coñecía por ser un excelente piloto de carreiras, saíu con tres revólveres, cento e pico ovos duros que devoraba conducindo, e acompañada por dous mecánicos e un camarógrafo (o sueco Carl-Axel Sóderström) en dirección aos Balcáns. Ao pouco tempo os dous mecánicos abandonaron e só Carl-Axel, a pesar de maldicir todos os días nos seus diarios o intre no que aceptara aquel traballo, continuou engaiolado pola forza de aceiro da súa xefa.

Beirut, Damasco, Bagdad, Teherán, Moscova, Siberia... atravesan o lago Baikal xeado! (a primeira vez que se facía cun vehículo de motor) cruzan o deserto do Gobi e chegan a Pequín (tamén a primeira vez que un coche chegaba a Pequín desde Europa). Seguen en transbordador ata Xapón. Polo Pacífico con escala en Hawai ata América do Sur. Pasan a cordilleira dos Andes. En Valparaíso (Chile) embarcan en dirección aos Estados Unidos. Dende Os Ánxeles atravesaron USA causando sensación por onde van. En Detroit o propio Henry Ford amósalles a súa fábrica e en Washington recíbeos o presidente Hoover. Viaxan en barco ata Le Havre. Aí sube Martha Söderström para percorrer os últimos quilómetros co seu esposo e con Clärenore Stinnes. Ata Berlín a viaxe é monosilábica. Son recibidos con honores tras completar un periplo de 47.000 quilómetros a través de 23 países diferentes.

Atrás quedaban rutas a 50º. Frío de morrer conxelados. Fame e persecucións de bandas de ladróns. Avarías de todo tipo arranxadas con moito enxeño. Abrirse camiño con dinamita e case morrer de sede logo de beber ata a auga de refrixeración do auto. Por diante unha nova andanza xuntos logo do divorcio de Söderström. Deste nova viaxe el baixa no 76. Clärenore Stinnes chega a fin do traxecto en 1990.
Texto copiado de "Marcos López Concepción" nas redes sociais.
Como meter un globo nunha botella con calor e frío
Para facer o experimento necesitamos unha botella de vidro, un globo e auga da billa.
Primeiro enchemos a botella cun pouco de auga quente. Axitamos ben e esperamos uns segundos.
Logo colocamos o globo na boca da botella, abrimos o billa da auga fría e poñemos a botella debaixo.
Nuns segundos o globo métese na botella.
Explicación:
Cando colocamos o globo na boca da botella deixamos atrapado no interior da botella aire quente. Ao colocar a botella debaixo da auga arrefriamos a botella e o aire que contén.
Se se arrefría o aire atrapado na o botella diminúe a presión interna e o globo, impulsado pola presión exterior maior, introdúcese na botella.
Pinchar un globo sen que estoupe
Para facer o experimento necesitamos unha agulla metálica (ou un pauciño de madeira), un globo e un pouco de aceite.
PASOS: 1-Infla o globo 2 -Unta a agulla con aceite. 3- Cun lixeiro movemento xiratorio, insire a agulla preto do nó do globo. 4´-Saca a agulla polo extremo oposto ao nó. Con coidado é posible atravesar o globo coa agulla sen que estoupe.
Explicación: A membrana elástica do globo non ten unha tensión uniforme. Cerca do nó e no extremo oposto a tensión é menor. Por este motivo pódese inserir a agulla sen que explote o globo. Ao retirar a agulla o globo desínflase lentamente ao saír o aire polos dous buracos. O aceite axuda a deslizar a agulla.
16.11.19
Letras de 21 cantigas galegas - Folleto de Maravallada

13.11.19
Tres candeas e un misterio
PRECISAMOS: Para facer o noso experimento necesitamos un frasco de cristal grande con tapadeira, tres candeas pequenas de alturas diferentes e un isqueiro.
PROCESO: Ao queimar unha candea nun recipiente pechado a combustión consome o osíxeno do recipiente e a candea termina apagándose. Que sucede si repetimos o experimento con tres candeas de diferentes alturas? En que orde apagaranse as velas? Se facemos o experimento podemos ver que primeiro apágase a candea de maior altura, logo intermedia e, finalmente, a pequena.
EXPLICACIÓN: A combustión das candeas consome osíxeno e produce dióxido de carbono e vapor de auga. O dióxido de carbono é máis denso que o aire pero as correntes de convección encárganse de acumular o dióxido de carbono na parte superior do recipiente, desprazando o osíxeno á parte inferior. Por este motivo primeiro apágase a candea de maior altura, logo a intermedia e, finalmente, apagarase a de menor tamaño. Ver máis Experimentos Galefas
11.11.19
O gato con tripas
Experimento feito por Laura e Aglaia de 4ºB durante o curso 2019-29 onde se xoga coa luz. Nun debuxo vense as tripas dun gato se lle poñemos luz de fondo. Ver máis Experimentos Galefas
8.11.19
Magosto 2019
Paracaídas |
Cucaña |
Muíño |
Relevos |
Bolos |
Comendo castañas |
![]() |
Cantando |
Xúntanse aquí algunhas das primeiras fotos do Magosto 2019. Temos que dicir que tivemos moita sorte co tempo despois de toda a semana con choiva, escampou xusto un pouco antes de comezar os xogos e estivemos a punto de suspendelos porque aínda houbo ameaza con algún orballo. Finalmente saíron as raiolas de sol que fixeron que o día fora case espectacular para disfrutar do magosto.