Incorporar o galego ao ensino, desenvolver relacións con países de lingua oficial portuguesa e participar nos foros da lusofonía e facilitar a recepción das radios e televisións do país veciño. Estes son os eixes da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade que o Parlamento de Galicia aprobaba esta mañá por unanimidade logo de ser apoiada por máis de 17.000 sinaturas. Parlamentarios de todos os grupos destacaron a oportunidade que supón para o noso país procurar un maior achegamento coa lusofonía.
Ver texto normativo
Ningún comentario:
Publicar un comentario