Nunha vila pequecha había unha vella que tiña unha tendiña de cacharros diante da porta, e un día, pola mañán, o can dun seu veciño que era escribán, tripou polos cacharros e fendeu os máis deles.
A muller primeiro quixo berrar, mais viulle a tempo o trasacordo e daquela calou, non dixo ren, mirou as olas e pucheiros rotos, recolleu os cachos e botou as súas contas. Pola tarde foise, e petou na porta do veciño:
-Hai licenza? -dixo.
O escribán que estaba a riscar nunha folla de papel, sen deixa-lo seu traballo contestou:
-Pase, pase -e cando viu á muller cabo de si preguntoulle:
-E logo, ¿que é o que a trai por esta casa, señora?
-Señor, eu sonlle unha probe, ben o sabe; non teño outros bés que unha tendiña de cacharros diante da porta. -Ben o sei, ¿e que?
-Pois mire, señor, eu, como son unha probe, teño que mirare moito polas miñas cousas.
-Boeno, déixate de andrómenas.
-Pois, eu viña, porque, tívenlle un grande derramo na miña tendiña, e, cavilando, cavilando, lembreime de vostede, e dixen: «o señor escriban é moito home de ben, e o señor escribán é home moi sabido; se o señor escribán quixera de me valer, a el pouco caro lle costaba", e daquela, pois viñen xunta vostede pra se me axudara, a min fíxome un mal un veciño, e eu quería saber se me valería a xustiza.
-E, o teu veciño ten bés, ten con que responder?
-Ai, ten, señor, e mais ben que ten, así Deus me salve.
-Pois a ver, conta, muller, conta. -Élle pouca cousa, señor, mais pra min que son probe, xa se sabe, supón moito. a meu viciño ten un can; e o can de meu viciño vaime sempre á cociña por mor de larpar algunha cousa, e hoxe cando o vin tireille un pau aos rebolazos e deille no lornbo, e ao fuxir, tripoume as olas da tendiña e fendeu as máis delas, moitos cachiños fixo, probe de min, foille unha estragueira ...
-¡Uuuuh!
-Agora xa sabe a que viña, señor; teño dereito a lle pedir ao meu veciño os cartos das olas, non si?, e se non os quer dar podereino meter na xustiza?
-Si, muller, si. -E daquela, ¿como hei facer pra non perde-lo dereito?
- Ti dixécheslle algo?
-Non, inda non lle dixen cousa.
-Pois daquela, vaite xunta del, disllo, e se non che quer pagar, veste de contado onda min.
-Ben está, si señor; e, mire, agora dicireillo.
-Si, muller, si, dillo.
-É que o can ... era o de vostede.
-¡Aaaah ! -fixo o escribán- e canto é que valían os pucheiros?
-Valíanlle dous pesos, de non ser máis, señor. o escribán abriu o queixón da mesa e tirou os dous pesos que lle deu á veciña, e díxolle:
-: Quedamos pagos?
-Quedamos, si señor, moitas gracias, vaia pola i-alma dos seus difuntiños -e foise a vella, mais, cando ía pasar da porta pra fóra díxolle o escribán:
-¡Oieu, señoral, esqueceume unha cousiña, veña acó -e can do a vella voltou engadiu el: -« E vostede non sabe que os escribás non lle andamos de balde, que tamén cobramos por traballar? Vostede vais e, e a Dios; non, señora, non lle é por aí sabe?, agora chegoume a min: ten que me deixar tres pesiños pola «consulta".
Ningún comentario:
Publicar un comentario