Páxinas de interés
▼
Páginas
▼
23.2.14
Ollos de Aula- 12 - Febreiro
Novo número da Revista Ollos de Aula para as familias.
Entre outros artigos temos :
- A que idade deben comezar os nenos a ler?
- Utización do teléfono móbil...
Certificados, e validacións para os dististos CELGAS
ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga)
19.2.14
Receitas, máscaras e vocabulario do Entroido
Sabes o que é unha androlla, un boteiro ou un charrúa, .....?
Clica na imaxe se o queres saber, e ademais verás tamén receitas clásicas, diferentes máscaras da Galiza e o vocabulario máis importante sobre estas dastas.
18.2.14
17.2.14
O Carro - Fuxan os Ventos
Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!
10.2.14
O carro
Clica na imaxe para coñecer un pouco a historia do que ata fai pouco foi o medio de transporte do rural galego.
Descargar PDF móvil das partes do carro, feito por un pai (Moisés)
4.2.14
A VELLA E O ESCRIBÁN
Nunha vila pequecha había unha vella que tiña unha tendiña de cacharros diante da porta, e un día, pola mañán, o can dun seu veciño que era escribán, tripou polos cacharros e fendeu os máis deles.
A muller primeiro quixo berrar, mais viulle a tempo o trasacordo e daquela calou, non dixo ren, mirou as olas e pucheiros rotos, recolleu os cachos e botou as súas contas. Pola tarde foise, e petou na porta do veciño:
A muller primeiro quixo berrar, mais viulle a tempo o trasacordo e daquela calou, non dixo ren, mirou as olas e pucheiros rotos, recolleu os cachos e botou as súas contas. Pola tarde foise, e petou na porta do veciño:
Chove a modo e para.
Clica na imaxe e fai as sopas de letras que hai para averiguar cantas formas hai de chamarlle a esta forma de chover na Galiza..
Busca sinónimos dalgúns destos animais
Por exempolo, na primeira actividade tes oito nomes de como lle chamamos ó porco por diferentes zonas da Galiza (S)
3.2.14
Busca na sopa de letras algunhas partes do carro
Esta son as partes que tes que buscar: Chavella, estadullo, treitoiras, polegar, eixe, chedas, cloucón e cadea
Ver o seu significado ou saber a súa función
Ver webquest sobre o carro (S)
1.2.14
DENIP 2014 - Ágora da Paz con Nelson Mandela
O venres tivemos unha xornada especial virtual. Aquí temos unha mostra das gravacións (citas de Nelson Mandela) que fixemos na webvinar que creou a Universidade de Vigo para as Escolas Asociadas Unesco. Foi unha experiencia emocionante para moitos dos alumnos que participaron neste evento.
Ver o evento completo coas presentacións das outras escolas e os vídeos da escola con todos os alumnos recitando a frase.
Ver o evento completo coas presentacións das outras escolas e os vídeos da escola con todos os alumnos recitando a frase.