Páxinas de interés
▼
Páginas
▼
27.11.20
25.11.20
Multiplica igualdade e dividirás a violencia!
O lema dos alumnos de 5.º de primaria do CEP Campolongo, de Pontevedra, foi o gañador da súa categoría no concurso convocado pola Xunta con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Os estudantes do CEP Campolongo articularon como lema "Multiplica igualdade e dividirás a violencia", que resultou vencedor na categoría de 5.º de primaria a 2.º de ESO. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, deu a coñecer este martes os gañadores no Centro de Supercomputación de Galicia ( Cesga).
No premio hai unha cuantía económica para gastar no comercio local.
Os berros da motocicleta
Unha BD (Banda Deseñada) sobre a vida de Josefina Arruti Viaño. Iniciativa do concello de Pontevedra, através do programa A memoria das mulleres.
Ver máis na páxina web de Pablo Prado.
Ver tamén algo do seu Humor gráfico
22.11.20
20.11.20
19.11.20
3.11.20
Refráns do mes de Santos ( Novembro)
- No Mes de Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bon caldo cos untos.
- Por todos os santos, neve nos campos.
- Santos, ou secas fontes ou levas pontes.
- No mes de mortos, non saches a horta nin capes os porcos.
- Por Santos, neve nos altos e frió nos campos.
- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.

-Por Santa Catalina (25 de novembro) neve na cociña.
Referidos a San Martiño (11 de novembro)
- Santos, ou secas fontes ou levas pontes.
- No mes de mortos, non saches a horta nin capes os porcos.
- Por Santos, neve nos altos e frió nos campos.
- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.
- Polo Novembro as noites van crecendo.
- O que cava en novembro, o tempo perde.
- De Santos á Navidá, é inverno de verdá.
- De Santos á Navidá, é inverno de verdá.
- Dende Santos ó Nadal é inverno natural.
- De Santos a Nadal, inverno carnal.
- De Santos á Ascensión non quites o mantón.
- Andar barquiñas, andar axiña, non vos colla o cordonazo de santa Catarina.
- No mes dos mortos, mata os teus porcos.
- Chegan os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.
- Por Santos, ainda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
- Cando Santos remata, o inverno empeza.

-Por Santa Catalina (25 de novembro) neve na cociña.
Referidos a San Martiño (11 de novembro)
- Castañas noces e viño fan as delicias de San Martiño.
- As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.
- Polo San Martiño, trompos ao camiño.
- Polo San Martiño, peóns ao camiño; polo San Amaro, peóns ao faiado.
- Se no Samartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño.
- Antes de San Martiño, pan e viño; despois de San Martiño, fame e frío.
- No día de San Martiño, abilla o teu viño.
- Auga de San Martiño, come pan e bebe viño.
- Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.
- Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.
- Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.
- O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño.
- O verán de San Martiño, pode ser grande ou pequeniño.
- Despois de San Mariño vén o inverno de camiño.
- Polo San Martiño, mata o teu porquiño.
- Polo San Martiño, nen fabas nin liño.
- Polo San Martiño, buxainas ó camiño.
- Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!
- Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño.
- A todo porco lle chega o seu San Martiño.
- O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.
- Polo San Martiño, andan as noces a roliño.
- Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
- As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.
- Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello.
-
- O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño.
- Alegría, alegrote que anda o rabo da porco no pote.
Referidos a San Andrés (30 de novembro)
- Bendito o mes que comeza con Santos, media con San Uxío e remata con San Andrés.
- Por tódolos Santos, neve nos altos, polo San Andrés, neve nos pés.
- Ditoso mes que empeza en Santos e remata en San Andrés.
- Polo San Andrés colle o porco polo pé.
- Polo Santo André mata o teu parco como o tes.
- Ende vindo Todos os Santos e pasando San Andrés, viño novo, vello é.
2.11.20
24 de outubro - Día das Bibliotecas Escolares
Vídeo elaborado polo Equipo de Biblioteca do centro, na que se inclúen varias cancións do Libro-Disco "Lingua Guapa" . Ver letra da canción "Mundo louco" - Ver letra de "Vou cambiar o mundo" - Artigo relacionado