Páxinas de interés
▼
Páginas
▼
24.2.20
21.2.20
Entroido 2020
Román disfrazado do profe Nito |
As Super Animadoras de 6ºA |
6ºA |
6ºC |
5ºB |
5ºC |
Bailando no patio |
Ver máis fotos na páxina web do cole
Neofalantes e Paleofalantes - 21 de febreiro "Día da Lingua Materna"
Paleofalantes, son as persoas que falan unha lingua desde que naceron. Pola contra, a quen se instalan nun idioma na idade adulta, chámaselles neofalantes. Cada 21 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da lingua materna, proclamado pola UNESCO en 1999, coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia de Bangladesh, na súa capital Dhaka. Defendían a súa lingua materna, a primeira, a que aprendemos desde ben pequeniños
20.2.20
12.2.20
Letras para contar un país - Ricardo Carvalho Calero
Percorrido pola biografía de Ricardo Carballo Calero, unha viaxe ao pasado que che ha axudar a comprender mellor o noso presente. - Ver máis en Primavera das Letras.
9.2.20
Concurso literario infantil e xuvenil Día das Letras Galegas 2020
Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero, a EGAP convoca, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma. Prazo: 22/01/2020 - 21/02/2020
Ver extracto resumo do concurso - Artigo relacionado (outro concurso): A Academia e Punto.Gal buscan os mellores microrrelatos.
Orbil visita a nosa escola
![]() |
Cartel gañador |
O lobo Orbil visita a escola |
Orbil saudando |
Aquí temos o alumnado de 6º preparado para participar nesta nova XXI Edición do Salón do Libro coa temática do Humor.
Curiosidade: Sabes porque se chama Orbil o Lobo Mascota?
Se les este artigo seguro saes da dúbida
7.2.20
Candeloria
"A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar" . Ler máis - Máis en "Agrupación Alexandre Bóveda" - Máis no Xornal Nós
6.2.20
2 de febreiro - Día Mundial dos Humedais
Cada ano o 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais ( DMH) para conmemorar a data da firma do Convenio de Ramsar, relativo á conservación destes ecosistemas, na cidade iraniana do devandito nome o 2 de febreiro de 1971. O obxectivo desta efeméride é visibilizar e crear conciencia sobre o valor dos humidais para a humanidade e o planeta. Con este fin, cada ano selecciónase un lema que axuda a centrar a atención nalgún dos seus valores e funcións esenciais.
O lema escollido para o Día Mundial dos Humidais 2020, “Os humidais e a biodiversidade”, foi seleccionado para chamar a atención sobre o importante papel que xogan estes ecosistemas no mantemento da biodiversidade. Os humidais son ricos reservorios de biodiversidade. Algunhas cifras que axudan a entender ata que punto son hábitats importantes neste sentido son as seguintes:
Estímase que o 40 % das especies vexetais e animais do planeta viven ou se reproducen en zonas húmidas,
Ata a data documentáronse máis de 100.000 especies de auga doce nos humidais de todo o planeta, o 30 % das especies de peixes coñecidas son de humidal, e cada ano descóbrense 200 especies novas de auga doce,
A perda de biodiversidade en todo o planeta é un feito sobre o que os datos científicos dispoñibles non deixan lugar a dúbidas. As especies están a diminuír máis rapidamente que en ningún outro momento da historia, o ritmo acelérase e o cambio climático empeórao. A biodiversidade diminúe rapidamente, e as especies dos ecosistemas húmidos están a verse especialmente afectadas por esta tendencia. As cifras son sobrecogedoras:
Entre 1970 e 2012 as poboacións de peixes, aves, mamíferos, anfibios e réptiles de todo o mundo diminuíron nun 58%. Desde 1970 diminuíu o 81 % das especies dos humidais continentais e o 36 % das especies dos humidais costeiros e mariños . O 25 % das especies dos humidais están ameazadas de extinción; isto inclúe ás aves acuáticas, os mamíferos dependentes da auga doce, as tartarugas mariñas e as especies que constrúen arrecifes de coral
Como podemos axudar a deter esta perda de biodiversidade xeneralizada?. Restaurar, conservar e utilizar racionalmente os humidais é unha das maneiras máis eficaces. É necesario ter claro que hai moito que gañar mantendo humidais saudables e restaurando os degradados.
Como en ocasións anteriores, a Secretaría do Convenio de Ramsar deseñou materiais específicos para esta efeméride (carteis, folletos divulgativos, guía para docentes e organizadores, Mapa Mundial de Eventos, etc.), que se atopan dispoñibles no sitio web especificamente creado para o efecto.
Polo seu lado, tamén este ano o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico quere sumarse á conmemoración deste Día Mundial dos Humidais ao obxecto de aumentar a sensibilización e promover o uso sostible dos nosos humidais e o mantemento da nosa biodiversidade. Con este fin contribuíu con varias accións de difusión: a instalación na fachada do Ministerio dun cartel de grandes dimensións inspirado no lema proposto por Ramsar para este ano, a publicación de anuncios na nosa web corporativa e na web de Ramsar, a distribución entre as Comunidades Autónomas de toda a información dispoñible, a emisión dunha nota de prensa, etc
Ver lista de humedais en España
Ver lista de humedais en España
4.2.20
3.2.20
1.2.20
Isabel Zendal - A 1ª Enfermeira da Sanidade Pública


Isabel traballou para converter a inclusa nun lugar acolledor e digno para os expósitos que alí vivían, ou sobrevivían. É posible que a súa boa fama como xestora do centro chegase a oídos do doutor Francisco Javier Balmis, un médico militar ao que se lle encomendou a dirección da Real Expedición Filantrópica da Vacina, impulsada grazas ao interese do propio rei Carlos IV. Balmis necesitaba que xunto ao equipo médico, viaxasen con el a América e as Filipinas, un grupo de nenos aos que se lles tería que ir inoculando o virus das vexigas para que o fluído chegase en óptimas condicións alén do mundo.

A Organización Mundial da Saúde considerouna a mediados do século XX como a "Primeira enfermeira da historia en misión internacional". Traducido ó galego de "Mujeres en la Historia" Ler máis no blog "rochacarro - No periódico "El País" - Ver documental sobre ela