Páxinas de interés
▼
Páginas
▼
28.12.18
18.12.18
Teatro con "A Galiña Azul" de Carlos Casares
Os pequenos da escola desfrutaron coa obra de teatro "A Galiña Azul"
16.12.18
Día Internacional dos Dereitos Humanos - 20 novembro
O alumnado de 3º, preparou unha versión en Galego da Banda Sonora do filme de debuxos animados "El Extraordinario Viaje De Lucius Dumb”
Na canción participan: Bebe, cira, Enrique Fernández, Gabriel Echave, Gene García, Mili Vizcaíno, Miriam Solís, Modesto Peña “Tato”, Nacho Campillo y Ulises Fernández.
De seguido podedes ver os vídeos co resultado final, esperamos que vos gusten...
Graciñas a teacher Silvia polas orixinais pancartas e a Pachú pola gravación e montaxe final;
e por suposto a todo o alumnado participante!!
15.12.18
"NEGRO CARAVEL" | SABELA | Finalista en Operación Triunfo 2018
a
Así che falei un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de paixón,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traicións.
“Quixente tanto, meniña
tívenche tan grande amor,
que para mín eras lúa,
branca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón”
Despois que si me dixeches,
en proba de teu amor,
décheme un caraveliño
que gardei no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais ó pasar polo río,
¡o caravel afondou!…
“Quixente tanto, meniña
tívenche tan grande amor,
que para mín eras lúa,
branca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón”.
(Tan bo camiño ti leves
8.12.18
7.12.18
Escolle a palabra galega do ano 2018
Xa está aberto o prazo para a presentación de candidaturas da palabra galega do ano 2018. Cando a teñas clara podes escribir a palabra aquí
Ver as escollidas dende 2013. Podes indicar as que queres ver seleccionando as datas no calendario que hai na páxina)
Pantallazo das palabras do 2018. Sacadas da sección "Palabra do Día"

Na páxina web podes ler o significado de cada unha delas.
Ver as escollidas dende 2013. Podes indicar as que queres ver seleccionando as datas no calendario que hai na páxina)
Pantallazo das palabras do 2018. Sacadas da sección "Palabra do Día"
Na páxina web podes ler o significado de cada unha delas.