Páxinas de interés

Páginas

31.12.13

Palíndromo


Palíndromo from Eva Quintas froufe on Vimeo.

Ex-alumnas de Campolongo nunha curtametraxe galega "Palíndromo" de Eva Quintáns

27.12.13

O CEP Campolongo entra na rede profesional "Redeiras"

A nosa escola comeza unha nova andaina na rede social profesional (mestres) "Redeiras", da Consellaría de Educación.  As novas tecnoloxías avanzan na escola. O primeiro grupo creado é o de "Nós tamén creamos". Agora só queda unirse ó grupo ou crear outros grupos. a finalidade é a de compartir e visualizar outros traballos que están a facer noutros centros educativos. Agardamos que aínda que sexa amodo, a rede teña éxito para o ben do ensino público e da súa calidade.

NOTA. Para entrar hai que poñer as mesmas claves que un pon no xade ou no correo electrónico da Xunta.

Enredamos rula pola rede

Un blogue creado no CEP Campolongo, Enredamos, únese ós espazos galegos sobre xogos e enredos da nosa terra. Neste caso é  a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT) a que liga na súa páxina.



Grazas e un grolo de saúde por estas dúas páxinas.

Xoga con nós !!!


Clica na imaxe  e aprende vocabulario e algunhas curiosidades  con estes xogos que hai na paxina web da Xunta. Así aproveitarás un pouco o lecer do Nadal.

20.12.13

Herbas aromáticas


Aquí temos 25 das herbas aromáticas máis coñecidas das moitas que hai hoxe en día polas nosas terras.

19.12.13

III Campaña pola Oralidade



III Campaña pola oralidade feita polo alumnado do Ciclo Superior de Primaria do CEP Campolongo durante o curso 2013-14

9.12.13

Debuxos de 2º Ciclo (3º)


Clica na imaxe para ver os debuxos de 3º de Primaria sobre as árbores do cole.

8.12.13

Traballos das árbores do 3º Ciclo durante o curso 2013-14


Clica na imaxe para ver os traballos feitos durante o 1º trimestre do curso 2013-14. Case todos sobre as árbores.

Por que o Premio Leixaprén a Javier Gómez Noya ?


Este luns volveremos a recordar o Premio Leixaprén porque agora si pode vir a recoller o Premio este grandísimo atleta, tamén galego. Os maiores teremos a oportunidade de correr unhas voltas con el polo patio da escola.