8.1.19

Carnés GALEFAS en Campolongo (Galegofalantes)

1º Nivel
2º Nivel

3º Nivel
Parte da atrás

GOLFIÑO (NIVEL 1). Esfórzase . “Falo galego de cando en vez cos meus compañeiros/as” .
             Con este carné poderás :
· Participar nun sorteo con 2 números nos  agasallos ó final de curso.
· Terás preferencia despois dos “Esquíos” e dos “Vagalumes” na selección de actividades organizadas polo EDNL

ESQUÍO (NIVEL 2). Adáptase .  “Falo galego cando outros/as o falan” .
             Con este carné poderás :
· Participar nun sorteo con 5 números nos  agasallos ó final de curso.
· Terás preferencia despois dos  “Vagalumes” na selección de actividades organizadas polo EDNL

VAGALUME (NIVEL  3). Axuda.   “Falo galego  case sempre nas actividades escolares” .
              Con este carné :
             Terás premio seguro no sorteo de agasallos ó final de curso
             Terás preferencia  na selección de actividades organizadas polo EDNL
NOTAS:
- A actividade é voluntaria .  Comeza xa no inicio deste segundo trimestre (8/01/2019)
- Cada carné será validado despois de 30 días de compromiso   e entregaranse ó final de cada mes .
- Serán correlativos : para  ter o de “Vagalume”  primeiro hai que acadar os dous anteriores.
- A entrega do carné farase  despois de falar cos mestres colaboradores da actividade e sempre de forma consensuada: música, educación física, titores.
- Os carnés están numerados para levar un control dos mesmos por parte do Coordinador do EDNL

No hay comentarios:

Publicar un comentario