29.1.18

Un dos símbolos da Paz


Un círculo con tres liñas no seu interior, unha na parte superior e dúas na inferior en forma de pegada de ave, que tivo a súa etapa máis representativa na década dos 60 coa cultura e movemento  hippie. Foi creado en 1958 polo deseñador británico  Gerald  Holtom para a campaña de desarmamento
 " British  Campaign  for Nuclear  Disarmament", aínda que despois o seu significado estenderíase ao sentido máis xeral de "paz" co que se interpreta hoxe en día.  Holtom baseouse nas letras (Nuclear  Disarmament) segundo o abecedario semáforo onde  N representaríase con ambos  brazos cara abaixo (un ao carón doutro ) e o D  cun brazo vertical cara arriba e outro vertical cara abaixo. Tempo despois  Gerald  Holtom admitiu que se inspirou na pintura de Goya "3 de Maio en Madrid" onde un campesiño está a piques de ser fusilado, el arrepentiuse da connotación negativa do símbolo e quixo que se investise, é dicir que apuntase cara arriba, pero o seu desexo foi ignorado. Ver máis símbolos

No hay comentarios:

Publicar un comentario