25.1.18

MAGIN BLANCO - TODOS SOMOS CAPITANS

Imos á procura dun soño, faremos lúas de papel
Levamos a choiva nos ollos, o mellor aínda está de ser.

Imos á procura dun soño, tentarémolo conseguir
A maxia está do noso lado e levarémola xunto a ti

Todos somos capitáns
Compañeiros de lugar
Ti sorrís coma nós
Porque somos coma vós.

Imos á procura dun soño, por lonxe que pareza estar
Nadaremos cos golfiños polas ondas do teu mar

Imos á procura dun soño, pecha os ollos e verás
Hai estrelas e camiños que sempre nos guiarán

Todos somos capitáns...

Imos á procura dun soño, faremos lúas de papel
Levamos a choiva nos ollos, o mellor aínda está de ser

Todos somos capitáns ...

Todos somos capintáns, compañeiros de lugar,
Ti sorrís coma nós, porque somosssss coma vóooooos

No hay comentarios:

Publicar un comentario