13.1.18

Balea Varada

"S. Barandán ou San Brandán, prior de máis de tres mil monxes, das terras de Irlanda, buscando o paraíso, viuse un día envolto nun Nubeiro viaxando nun dos seus barcos, e arrastrado polos ventos foi parar preto dunha das nosas illas. Como aínda non tocaba terra, unha balea protexida polos mouros deulle un empuxón e arrastrouno dentro da ría . O santo salvouse pero a balea quedou varada e non puído saír. San Brandán sentíuse tan agradecido que implorou durante noventa días e noventa noites ós deuses pola balea, conseguindo deste xeito, que aínda hoxe se poida ver a “Balea Varada” (Illa de Tambo) dentro da ría de Pontevedra, no mesmo sitio onde quedara encallada". Ver o conto en Galicia Encantada

No hay comentarios:

Publicar un comentario