14.9.17

Rosalía, de Xohana Torres

O 12 de setembro deste ano 2017,  finou unha das grandes poetas contemporaneas, Xohana Torres Fernández.  Nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1931 e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017.

Rosalia

Ti es pra min a barquiña que lembra
toda presenza de madeiras náufragas
que vive, infinda, unha traxedia líquida
de peiraos sen panos e sen peixes.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Tí es pra min un pobo pequeniño
de vieiros sen cume, sen riadas,
mergullando no seo case morto
unha virxe canzón, inimitábele.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min unha callada piña
de moitas primadeiras agardadas
onde xogaron anxos
onde vibraron áas sen movelas
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min a historia da meniña
que iba soñando praias
hastra que deu mareia a un ben triste mañán.
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
Ti es pra min o lombo dunha sombra
onde todo resulta perguntado
i o paso das personas faise lene...
Sedenta coma un mar
e no teu mar, afogada.
¡Ti és pra min a terra dunha tomba compridamente limpa de pisadas!
Xohana Torres

No hay comentarios:

Publicar un comentario