18.2.17

Roteiro dos Magnolios co alumnado de 2ºA no Proxecto Ríos

Magnolio Liliflora

Magnolio Soulanxeana




Magnolio Estrelata
Liliflora










Despois da desfeita estes días do "Tren Canadiense", o alumnado de 2ºA do CEP Campolongo, inmerso no Proxecto Ríos, fixo unha saída case primaveral, neste mes de febreiro, que  lle chamamos o  "Roteiro dos Magnolios" . Quedounos por facer unha foto co  "Magnolio Grandiflora"  , pero  sí o fixemos cos  que estaban coa flor, o  "Liliflora", o "Estrelata" e o "Magnolio Soulanxeana", tal e como vemos nas imaxes.  Todos estos están na beira do río na zona canalizada, no Parque de Campolongo.  Aproveiamos o roteiro para ver, tamén coa flor neste tempo de inverno,  algúns dos camelios e  unha árbore non moi común polas nosas terra o "Marmeleiro xaponés". Para rematar, como estaba co froito,  algúns xa en descomposición, ollamos preto da nosa escola  un curioso "Mirtilo de Nova Zelanda".     Ver máis fotos

Díxome, díxome. Xincana literaria de tradición oral.







O alumnado de 3º e 4º participou nunhas das actividades ofertadas polo Concello. Entre outras cousas os rapaces tiveron que "traducir" ou interpretar algúns dos refráns ou ditos que os nosos devanceiros crearon e utilizaron en moitas tarefas ou situacións da vida, como por exempolo "Onde hai patrón non manda mariñeiro", ou "Na terra dos lobos hai que ouvear coma todos", " Hai que poñer as lentellas a remollo", "Xente nova e leña verde todo é fume", "O can que máis ladra non é o que máis morde", "Onde hai querer todo se fai ben", "Mexan por un e hai que dicir que chove", "Coida o ladrón que todos son da súa condición". Tamén algunha frase dos tradiciónais xogos e sortes , "Rabo de boi, rabo de besta, díxo meu pai que estaba nesta" .

16.2.17

Roteiro Castelao co alumnado de 5º




Alumnado de 6º facendo o Roteiro Castelao .

Agás a foto do grupo as demais imaxes foron sacadas de internet (Marlou)