24.12.17

Algunhas das nosas campás






Tarxetas de Nadal 2017

Lucía Crespo Teijeiro 1ºA

Manuela Alfaro Manovel 4ºA


Pilar Andión Álvarez 6ºA








Aquí temos as Tarxetas de Nadal. As tres primeiras son as gañadoras de cada ciclo. Como sempre non foi nada doado elixir entre tantas e tan bonitas. PARABÉNS a tod@s  e FELICES FESTAS.

19.12.17

NADAL, palabra elixida no CEP CAMPOLONGO como a máis bonita do Ano 2017

Preto de 250 palabras   foron as escollidas polo alumnado da escola. Cada alumno podía escoller 3. Aquí temos unha mostra das máis votadas.


 Artigo Relacionado

7.12.17

Palabra galega do ano 2017- Concurso na web e versión escolar


Primeira fase  na páxina web do "Portal das Palabras"

É a da recepción de propostas. Recollerán  todas as que envien  desde hoxe, 4 de decembro, ata o domingo 17 ás doce da noite. Pódese mandar calquera palabra, mesmo varias  –non é doado decidir! –.

Segunda fase

Ábrese o luns 18 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, escollemos as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por varias das persoas que participaran. Quedamos con seis finalistas e quen así o desexe poderá votar pola súa preferida ata as 24 horas do día de Nadal.

Terceira fase

Tralo reconto das votacións, o mércores 27 de decembro daremos a coñecer a gañadora, a que conxuntamente escollemos como a Palabra de 2017.

Ver fotos

3.12.17

Axudas para proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos


O prazo de presentación de solicitudes comeza o 29 de novembro de 2017 e remata o 15 de xaneiro de 2018.

IV Premio Literario Nortear Novos Escritores Norte de Portugal-Galicia

Unha iniciativa conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) que premia relatos curtos escritos en lingua portuguesa ou galega cunha extensión de 5.000 a 8.000 palabras. Poden participar as persoas de 16 a 36 anos, nacidas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. O prazo para presentar as obras finaliza o 30 de abril de 2018.

A convocatoria está dispoñible na seguinte ligazón: https://www.cultura.gal/premio/38397