16.2.15

Obra gráfica de Castelao

O día 23 de Decembro de 2011 o Consello da Xunta de Galicia declaraba Ben de Interese Cultural Inmaterial o conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), co fin de garantir a súa protección, difusión e investigación. Daquela, decidiuse organizar este proxecto para poder levar a cabo un estudo minucioso dunha parte da obra deste artista: a súa obra gráfica.

8.2.15

Xogamos coas palabras-3


Aplicación para buscar sinónimos en galego na rede


Revista para as familias - Ollos de Aula - Nº 19

Nesta primeira entrega do ano, Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, valora cando as familias e o alumnado deben acudir ao Departamento de Orientación. Pola súa banda, Mª Dolores González Piñeiro, orientadora do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, ofrece estratexias para estimular a intelixencia emocional. Así mesmo, Lines Salgado achégase e formula interrogantes sobre os famosos centros plurilingües e as seccións bilingües, mentres que Gracia Santórum nos agasalla unha vez máis cunha boa presada de atractivos títulos literarios.      Clica na imaxe para ver a revista

2.2.15

Hoxe debuxa un sorriso


Traballo cooperativo que están a facer os rapaces de 4ªA. Cada neno ten que debuxar o seu debuxo e logo a súa parte da cara do paiaso e escribir a súa historia sobre el.