10.10.14

A orixe dos nomes dos meses do ano

O calendário que usamos hoxe é unha evolución do antigo calendario romano, no cal varios meses foron batizados con nomes de deuses paganos. O primeiro calendário romano, criado no século 8 a.C., tiña só dez meses e ía de marzo a decembro. Ainda no mesmo século foron acreditados xaneiro e febreiro, axustando o calendário ao ano lunar inicial , con 355 dias. Nesa época os 12 meses xa foron  batizados con practicamente todos os nomes que usamos hoxe. As excepcións foron xullo e agosto, que recebiron eses nomes centenas de anos despois - entre os séculos 1 a.C. e 1 d.C. - cando o calendário romano xa  adaptara ao ano solar, con 365 dias.
Os líderes romanos Júlio César e Augusto foram os últimos a ser homenageados no calendário

Xaneiro provén do latín ianuarius e toma o seu nome do deus Jano, que era un deus que tiña dúas caras mirando cara a ambos os dous lados do seu perfil. Jano era o deus das portas, o señor dos solsticios, os comezos e os finais.

Febreiro foi chamado así en honor ás Februa, unha festa de purificación que os sabinos celebraban anualmente.

O nome de Marzo deriva do latín Martivs, que era o primeiro mes do calendario romano. Martivs á súa vez deriva de Mars o nome en latín de Marte, deus romano da guerra.

A orixe do nome abril non está moi claro.  Unha das teorías é que procede do término grego afros, que significa escuma, da que xurdeu Venus. Dedicóuselle á fertilidade . Tamén se relaciona co verbo aperire (abrir) asociándoo a que neste mes a primavera abre a terra, as flores, etc, pero non hai fundamento etimolóxico que o sustente.

A Maio, os antigos romanos chamábanlle maius e o seu nome parece provir da deusa romana Maia, que é a deusa da fertilidade, a castidade e a saúde e, cuxo festival, se celebraba neste mes.

Hai diferentes teorías de onde provén o nome de Xuño. Algúns din que provén de Xuño Bruto, fundador da República romana. Outros cren que era chamado así por estar dedicados á xuventude e moitos pensan que tomou o seu nome da deusa Juno, deusa do matrimonio e raíña dos deuses.

O nome do mes de Xullo provén Iuilius Caesar, é dicir, Julio César xa que naceu neste mes.

A Agosto púxoselle este nome en honor ao emperador romano Augusto Octavio. No antigo calendario romano, o mes de Agosto chamábase Sextilis pero Octavio Ausgusto decidiu darlle o seu nome imitando a Julio César.

O nome de Setembro vén da mesma raíz latina de sétimo e débese a que era o sétimo mes no calendario romano.

Outubro ten este nome porque era o oitavo mes do calendario romano.

O nome de novembro deriva de novem (nove en latín) por ser o noveno mes do calendario romano.
 Mantivo o seu nome mesmo cando ao ano se lle agregaron os meses de xaneiro e febreiro.

O nome do mes de decembro deriva de ter sido o décimo mes do calendario romano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario